Skip to Content

blogue deCOLE AREALONGA

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023/2024

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2023/2024.

do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos)

  • Presencial con asistencia da aplicación
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos na secretaria do centro.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

 CALENDARIO

TRAMITES

PRAZO

Presentacion de solicitudes

Ata o 21 de xuño

Publicación listaxes provisionais

07 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

 10 e 11 de xullo

Publicación das listaxes definitivas

14 de xullo

Entrega vales axudas libros e material

 Mes de setembro

Entrega libros do Fondo Solidario

Na aula, ao inicio do curso

 

 

INFORMACIÓN MATRÍCULA. CURSO 2023/2024

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado solicitante de praza para o vindeiro curso 2023/2024.

As listaxes están expostas nos taboleiros de anuncios internos dos edificios do CEIP Arealonga.

 

PRAZO DE MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño de 2023,

na secretaría do CEIP Arealonga de 09:15 a 13:00h.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA:

- Impreso de matrícula ( será facilitado na secretaría do CEIP Arealonga e pode descargarse dende este enlace)

- 2 fotografías recentes, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.

- Fotocopia do DNI e/ou folla do libro de familia onde conste o alumno.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.

- Fotocopia do libro de vacinas onde están rexistradas as que ten subministradas ata a data actual.

- Solicitude de trasporte ( si vai facer uso)

 

CONVOCATORIA BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO; CURSO 2023/2024.

Do 8 de maio ao 20 de setembro poden solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio para o curso 2023/2024, que convoca o Ministerio de Educación.

Máis información na páxina web do Ministerio de Educación e nos arquivos adxuntos.

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

 

DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o día do Libro cunhas sesións de contacontos nas que o alumnado de 6º de Educación Primaria leu aos pequechos e pequechas de Educación infantil diferentes contos na biblioteca do cole. Foi unha actividade moi divertida para todos e todas!!

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

 

Nos taboleiros internos do CEIP Arealonga, podense consultar as listaxes provisonais do alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 2023/2024.

RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: DO 26 DE ABRIL AO 3 DE MAIO DE 2023 

LISTAXES DEFINITIVAS:  15 DE MAIO DE 2023

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023 (de non presentar a a matrícula nas datas sinaladas, perderáse o dereito á praza adxudicada).

Distribuir contido


by Dr. Radut