Skip to Content

RECOLLIDA DE NOTAS E VACACIÓNS DE NADAL

 

escudo CEIP Arealonga

Estimadas familias:

        O XOVES 21 de DECEMBRO o profesorado titor entregará o boletín de cualificacións ao seu alumnado en horario de mañá.  Asi mesmo as cualificacións apareceran na aplicación ABALAR a partires das 15:00 horas.
Lémbrase que o alumnado terá que entregar o resgardo das notas, asinadas polos pais/nais/titores, á volta das vacacións de Nadal.

O período de vacacións de Nadal abrangue do 22 de decembro de 2023  ao 7 de xaneiro de 2024, ambos os dous incluídos, retomando as clases o luns  8 de xaneiro.
Aproveitamos para expresar os nosos mellores desexos a todas as familias nestas datas tan sinaladas.

FELICES FESTAS
CEIP AREALONGA

 

 

OBRADOIRO STOP MOTIONS

 

VER INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO

Carreira Portas "campo a través" nov.2023

Un ano mais, participamos na carreira campo a través celebrada en Portas, pertencente ó programa Xogade da Xunta de Galicia.

Foi unha xornada moi divertida de convivencia con outros coles, con moitas risas, medallas e algunha que outra sorpresa.

Deixmos aquí un video do evento:

Carreira Portas novembro 2023

EXPOSICIÓN XOGOS TADICIONAIS NOVEMBRO 2023

 Unha nova edición da exposición de xogos tradicionais para celebrar o magosto deste ano, con novos xogos e sorpresas, pasámolo xenial!!!!!

 

Xogos Tradicionais Novembro 2023

25 N

O CEIP AREALONGA GRITA NON A VIOLENCIA CONTRA AS  MULLERES!!

 

PREPARANDO O 25-N

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PREPARAN O 25-N CUNHA FERMOSA PANCARTA NA QUE REINVINDICAN O BO TRATO: REGÁLOCHE UN BICO E NON A VIOLENCIA QUE CONTÉN UN PUÑETAZO.

GRANDES ARTISTAS!!!

 

CAMPAMENTO DE NADAL (3 a 7 anos)

Información do Campamento de Nadal 23-24, convocado polo Concello, que terá lugar no CEIP Arealonga e que está destinado a nenos e nenas de tres a sete anos.

 Bases

Solicitude

 Campamento de Nadal

CHARLA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Charla a cargo da nitricionista Annalisa Pistone, para guiar  ao alumnado en hábitos alimentarios que melloren a súa saúde.

 

alimentación saúdable

Distribuir contido


by Dr. Radut