Skip to Content

Escolares

NAVEGANDO POR EL UNIVERSO (RUTA QUETZAL)

A prestixiosa Ruta Quetzal visitaranos os vindeiros 13,16 e 17 de decembro co seu proxecto "Navegando polo universo" para introducirnos no apasionante mundo da astronomía  no interior dun espectacular planetario.

Para máis información, preme no seguinte enlace

http://www.rutaquetzal.com/#planetario

EDIXGAL: Libros dixitais EN 5º EP durante o curso 2018 -2019

Durante o vindeiro curso incorporaremos o libro dixital nas aulas de 5º curso por primeira vez xa que, o centro, foi seleccionado xunto outros 114  centros sostidos con fondos públicos, para participar no proxecto EDIXGAL.

Durante os dous vindeiros cursos (5º no 2018 - 2019 e 6º no 2019 - 2020) o alumnado do Arealonga formaráse de maneira dixital con todas as vantaxes que esto implica a fin de mellorar as súas competencias e adecualas aos novos tempos.

Mais información nos seguintes enlaces:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25706

 

EDUDIXITAL: Extratexia Galega para a Educación Dixital 2020

 

AMIGOS DA COCIÑA GALEGA

Hoxe tivemosa a honra de recibir a Carmela e a Dori, representantes de

"Amigos da cociña galega"

que nos fixeron a entrrega dos recetarios de receitas de cociña galega dos máis prestixiosos restaurantes, para compartir co alumnado  en distintas actividades.

Encantadisimos de recibiros e moitas grazas.

Esperamos que volvades axiña:

METEREOLONGA: VISITA DE DIEGO VIAÑO (TVG)

 

 

 

Hoxe no CEIP Arealonga tivemos a honra de recibir a Diego Viaño, o coñecido  xornalista que forma parte do equipo de presentadores de "O Tempo" na TVG, para contribuir co proxecto que "Metereolonga"  que se desenvolverá neste centro a partires de este curso.
Dunha forma lúdica, amena e moi divertida e interactuando coa rapazada e o profesorado explicou diversos aspectos relacionados coas prediccións metereolóxicas e a importancia que ten coidar a auga e a natureza. Nenos e nenas de do CEIP Arealonga remataron encantados coa charla que durou aproximadamente hora e media. Para finalizar, un grupo de rapaces e rapazas entrevistaron a Diego para a "Radio Escolar".

Dende o CEIP Arealonga queremos mostrar o noso agradecemento coa TVG e con Diego Viaño por prestarse a colaborar con nos neste proxecto.
A TVG emitirá está noite unha breve crónica da charla no seu espazo "O Tempo"

Concurso de debuxo: A Cantarela (Asociación micolóxica)

O sábado 25 de novembro foi a entrega dos premios do concurso de debuxo que tódolos anos convoca a asociación micolóxica "A Cantarela".

Entre os premiados temos a honra de que están nanas e nenos de este cole:

 Asier e Abigail de 5º, Nela de 4º e Thais de 2º

NORABOA POLO SEU TRABALLO!

MAGOSTO e Biblioteca: boa combinacion

Unha mañá estupenda para asar castañas.Ademáis aproveitamos para entregar os premios dos concurso de SAMAÍN e AREALON GO! organizados pola Biblioteca. Qué ben o pasmos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut