Skip to Content

RESERVA PRAZA I.E.S. CASTRO ALOBRE

 

Escudo arealonga

Estimadas familias:

Informamos que foron admitidas todas as solicitudes de reserva para cursar ESO  no IES Castro Alobre.

Pódese consultar a listaxe no taboeiro de anuncios do CEIP Plurilingüe Arealonga.

Saúdos

 

 

DISCIPLINA POSITIVA

NA ESCOLA DE FAMILIAS DESTE TRIMESTRE ABORDAMOS O TEMA DA DISCIPLINA POSITIVA, PARA EDUCAR CON LLÍMITES PERO DESDE O RESPECTO.

JENIFFER HERBÓN DEIXOUNOS ESTAS RECOMENDACIÓNS PARA PROFUNDIZAR NO TEMA

ESCOLA DE FAMILIAS: EDUCAR DENDE O RESPECTO

Unha vez máis contaremos coa psicóloga Jennifer Herbón Otero, experta en disciplina positiva, para este obradoiro, dirixido ás familias, no que teremos a oportunidade de abordar temas  respecto á educación dos máis novos e como enfrentarmos, dunha maneira positiva e eficiente, ao reto diario que eso supón.

Esperámosvos.

Educar no respecto

FROITA NA ESCOLA

Desfrutando moito da nosa participación neste programa. Non vos perdades a galeria de fotos.

Froita escolar

Álbum: Educación Física -> FROITA FRESCA NA ESCOLA (Xaneiro 2024)

HIXIENE BUCODENTAL CO DOUTOR LAGARÓN

Interesantísima charla sobre saúde  bucodental a cargo do doutor Lagarón, expecialista en odontoloxía infantil.

Álbum: Educación Física -> Hixiene bucodental co dentista Tino Lagarón (Xaneiro 2024)

RECREOS ACTIVOS E INCLUSIVOS

ESTE CURSO ESTAMOS A DESENVOLVER O PROXECTO DE PATIOS ACTIVOS E INCLUSIVOS CO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

OS NENOS E NENAS DISTRIBUÉNSE NOS DIFERNTES ESPAZOS CON  XOGOS ROTATIVOS E SON ELES MESMOS OS RESPONSABLES DE LEVAR E RECOLLER O MATERIAL, CONFORME AOS HORARIOS E ESPAZOS ESTABLECIDOS.

 

RECETARIO SAÚDABLE 6ºC (NUTRIESCOLAS) DECEMBRO 2023

           O alumnadonde 6ºC, elaborou un recetario saudable, enmarcado dentro do proxecto Nutriescolas pertencente ó plan proxecta + . Está elaborado con pratos saudables que aportan os nutrintes necesarios para o noso organismo manténdoo san,  minimizando o risco de enfermidadese mellorando a calidade de vida das persoas.

Álbum: Sen categoría -> RECETARIO SAÚDABLE PROXECTO NUTRIESCOLAS DEC 2023

CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS. ZAMÁNS. DECEMBRO 2023

Este sábado celebrouse en Zamáns o campionato zonal de campo a través, no que, o CEIP Plurilingüe Arealonga  contou coa participación de Olivia Bueno de cuarto de primaria, despois de obter a súa clasificación  cun gran resultado no cross de Portas.

Unha gran xornada de deporte ó aire libre!

Álbum: Educación Física -> CAMPEONATO ZONAL CAMPO A TRAVÉS. ZAMÁNS. DECEMBRO 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut