Skip to Content

Orientación

INTELIXENCIA EMOCIONAL

PARA TRABALLAR O DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL DOS NOSOS NENOS E NENAS EN FAMILIA O EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECIALIZADO EN PROBLEMAS DE CONDUTA DE GRANADA REALIZOU UNHA SERIE DE CADERNOS QUE CONTEÑEN ACTIVIDADES PARA REALIZAR EN FAMILIA, E QUE AXUDAN A XESTIONAR O TEMPO DE MANEIRA PRODUTIVA.

ESTES CADERNOS ORGANÍZANSE POR NIVEIS EDUCATIVOS, SE PICADES NOS CURSOS ACCEDEREDES AO CORRESPONDENTE A CADA IDADE:

 

SE NON PODEDES DESCARGAR DIRECTAMENTE OS ADXUNTOS

XOGOS PARA ACTIVAR A INTELIXENCIA

AQUÍ TEDES UNHA RECOMPILACIÓN DE XOGOS MENTAIS QUE ESTIMULAN A INTELIXENXIA E POTENCIAN APTITUDES E HABILIDADES QUE INCIDEN POSITIVAMENTE NAS APRENDIZAXES DOS MÁIS PEQUEN@S.

SON XOGOS QUE TRABALLAN A MEMORIA, A ATENCIÓN, A LÓXICA, CONCEPTOS BÁSICOS... E QUE ESTÁN PENSADOS PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS.

PICADE NO ENLACE XOGOS MENTAIS E DE INTELIXENCIA E PROBADE CON ALGÚN DELES!!

 

XOGOS PARA CRIAR NEN@S EMOCIONALMENTE FORTES

Bo día a todas e todos!.

 

Neste tempo en que os nen@s pasan case todo o tempo na casa é normal que xurdan situacións de ansiedade e pequenos conflitos. A psicóloga Raquel Aldán propón unha serie de xogos de relaxación que axudan aos rapaces a mellorar a súa xestión e control emocional.

 Presenta actividades como soprar unha candea (para ensinar a respirar), a técnica do globo (que fomenta a relaxación a través da respiración), o xogo da semente ( que simboliza o crecemento dunha árbore), o conto da tartaruga (que potencia o autocontrol), pintar mandalas, a relaxación progresiva...

 No ENLACE (como criar nenos/as emocionalmente fortes) podedes visualizar a explicación destas actividades por si vos decidides a poñelas en práctica na vosa casa.

EMPATÍA EN TEMPO DE CONFINAMENTO

A EMPATÍA É  A BASE DA COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA. SE QUEREMOS QUE OS NENOS E NENAS SEXAN EMPÁTICOS E SEXAN CAPACES DE POÑERSE NO LUGAR DOS OUTROS E COMPRENDER COMO SE SINTEN, OS ADULTOS DEBEMOS SER MODELOS DE CONDUTA E AXUDALOS CON ACTIVIDADES QUE LLES PERMITAN APRENDER E PRACTICAR ESTA EMPATÍA.

DEIXO O ENLACE A UN CONTO QUE VOS AXUDARÁ A FACELO DESDE A CASA.

EMPATÍA EN CUARENTENA

COMO MANEXAR OS ENFADOS NO CONFINAMENTO

AO PASAR MOITO TEMPO XUNT@S NA CASA, É NORMAL QUE XURDAN ENFADOS E RABIETAS NOS NENOS E NENAS.

DEIXO UN CONTO CON ACTIVIDADES PARA MANEXAR ESTES ENFADOS NO PDF ADXUNTO. "APRENDE A MANEXAR O TEU ENFADO"

TAMÉN PODEMOS ELABORAR UN TARRO DA CALMA:

UN BOTE DE CRISTAL ONDE MESTURAREMOS:

  • AUGA TEMPERADA
  • DÚAS CULLERES DE ACEITE
  • UNHA CULLER DE PURPURINA
  •  UN POUCO DE COLORANTE ALIMENTARIO
  •  E A REMOVER!!!

 

SE QUEREDES TAMÉN PODEDES FACER IOGA EN FAMILIA, DEIXO UN VÍDEO NO SEGUINTE ENLACE:IOGA PARA NEN@S

TRABALLANDO A INCLUSIÓN

Unha das tarefas do Departamento de Orientación é promover a atención á diversidade de nenos e nenas e fomentar o respecto polas diferenzas individuais.

Hoxe vos deixo unha pequena tarefa para traballar o valor da inclusión: o corto "Historia dun ourizo". Esta curtamertraxe ensínanos que as persoas temos trazos que nos fan DIFERENTES, pero estes non deben ser motivo de segregación, senón de riqueza. O REPECTO ás diferenzas axúdanos a ser máis tolerantes.

Preme no ENLACE para ver o corto e logo no pdf adxunto tedes unha serie de activiades para traballar sobre el. (Actividades propostas de Aulas Galegas)

 

CONFINAMENTO: UNHA OPORTUNIDADE PARA CRECER

A resiliencia é a capacidade dos seres humanos para adpatarse e sobrepoñerse positivamente a situacións adversas que imos atopando na vida. É unha actitude e por tanto, podemos entrenala nos nenos/as.

Ante unha situación problemática temos dos opcións: deixarnos vencer e sentir que fracasammos ou sobrepoñernos e saír fortalecidos, apostar pola resilencia. Grazas a ela non só seremos capaces de afrontar as crises ou situacións potencialmentes traumáticas, se non que tamén podemos aprender e crecer como persoas.

Recoméndovos desenvolver pouco a pouco a resiliencia nos nenos/as a través da lectura e comprensión de contos como:  "Una feliz catástrofe", "Tú puedes", "Malina pies fríos", "Jirafas no pueden bailar

A continuación deixo o enlace a un deses contos que fomentan as gañas de superación e a importancia de non renunciar aos soños cando atopamos obstáculos no camiño.

LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR

 

 

DIARIO DO CONFINAMENTO

Non sei se estes días que estades encerrad@s na casa e que tedes moito tempo para facer moitas cousas diferentes, estades a escribir un diario do que vos ocurre, do que facedes e como vos sentides.

Para axudarvos, deixo un recurso moi divertido "A miña cápsula do tempo", no que podedes recoller todas esas experiencias. Logo podedes gardalo dentro dunha caixa e sacalo dentro duns anos, para lembrar como vivístedes esta situación tan excepcional.

Pica no ENLACE  e anímate a facelo, xa verás como á volta duns anos será divertido volver lelo.

OS MAIOS

Hoxe, 1 de maio, é o día de os Maios. Nesta data o noso cole, especialmente os nenos e nenas de 6º, preparan un maio e con outros centros educativos de Vilagarcía celebran esta festa tradicional galega, cantando coplas e compartindo fermosas composicións florais.

 

Que vos parece se preparades unha pequena copliña na casa para conmemorar e lembrar esta festa tan nosa.

Ademais vos deixo unhas actividades que quere compartir con vós a profe Carmen Gago, para que traballedes a comprensión lectora en lingua galega. Entrade no adxunto e animádevos a facer algunha.

RELXARSE E RESPIRAR!!

SE ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO TEDES DIFICULTADE PARA DURMIR E SENTIDES ANSIEDADE, RECOMENDO QUE BOTEDES UNHA OLLADA A UN CONTO "RESPIRA", QUE VOS AXUDARÁ A TOMAR CONCIENCIA DA VOSA RESPIRACIÓN MEDIANTE TÉCNICAS DE IOGA E TAICHÍ.

RESPIRA

 

 

E SE VOS ATREVEDES, PODEDES FACER UN POUCO DE IOGA,  TAMÉN NO SEGUINTE ENLACE

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut