Skip to Content

Orientación

HABILIDADES SOCIAIS

Somos seres sociais, polo que comunicarnos cos demais é algo necesario que nos permite sobrevivir, crecer, nutrirnos doutros puntos de vista e vivir con estabilidade emocional. Para iso, saber relacionarnos e dispor dunha serie de habilidades sociais é fundamental, porque na maioría das ocasións evitaremos malentendidos e conflitos.

 

A través do material  adxunto os peques poderán coñecer o tres estilos de relación que existen (agresivo, pasivo e asertivo) e así poderán identificar cal é o  seu estilo de relación e que consecuencias ten.

Ademais hai un xogo de tarxetas que plantexan situacións sociais que poden ocurrirlles no seu día a día. Terán que resolvelas en función do estilo de relación que lles toque. Animádevos e probar a xogar coas habilidades sociais!!

MEMORIA E ATENCIÓN

DE XEITO LÚDICO E ONLINE PODEMOS TRABALLAR A MEMORIA E ATENCIÓN-PERCEPCIÓN VISUAL, DEIXO AQUÍ DOUS ENLACES PARA FACELO NA CASA, XA QUE SON HABILIDADES COGNITIVAS QUE FAVORECEN AS APRENDIZAXES.

XOGOS DE MEMORIA

XOGOS DE ATENCIÓN E PERCEPCIÓN VISUAL

O VALOR DE SER UN MESMO

BO DÍA A TOD@S!!

COÑECERNOS A NÓS MESMOS, VALORAR AS NOSAS CAPACIDADES E LIMITACIÓNS, TER UNHA ADECUADA AUTOESTIMA SON FERRAMENTAS FUNDAMENTAIS PARA PROGRESAR NAS APRENDIZAXES ESCOLARES.

PARA  A REFLEXIÓN DEIXO UN VÍDEO TITULADO "EL VALOR DE SER UNO MISMO" ONDE SE AMOSA A NECESIDADE DE NON DEIXARNOS ARRASTRAR POR UN MUNDO RUTINARIO E GRIS. POLA CONTRA A ILUSIÓN, A CREATIVIADADE E A ENERXÍA DOS NENOS E NENAS PODEN AXUDARNOS A SUPERAR O DESENCANTO DESTA SOCIEDADE.

ACEPTARNOS TAL E COMO SOMOS É FUNDAMENTAL PARA O BENESTAR PERSOAL.

NO ADXUNTO TEDES UNHAS FICHAS PARA TRABALLAR A AUTOESTIMA DOS NENOS/AS E PARA AXUDALOS A QUE SE COÑECEN A SI MESM@S.

 

MÁIS SOBRE EMOCIÓNS

HOXE DEIXO  UN LIBRIÑO PARA RECOÑECER COMO NOS SENTIMOS ANTE SITUACIÓNS COTIÁNS: "QUE SIENTES?". 

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES DESCARGALO!!

E O ENLACE A UN VÍDEO PARA FACER OS NOSOS GLOBOS DAS EMOCIÓNS, UN XOGO E MANUALIDADE PARA IDENTIFICAR AS NOSAS EMOCIÓNS:

GLOBOS DE LAS EMOCIONES

AFRONTAR AS RABIETAS E ENFADOS

NA CONVIVENCIA FAMILIAR SON HABITUAIS AS RABIETAS E ENFADOS DOS NENOS E NENAS, QUE ALTERAN  A NORMAL RUTINA DIARIA.

PARA A XESTIÓN EMOCIONAL DOS ENFADOS VOS DEIXO UNHA RODA DO ENFADO QUE PRETENDE AXUDAR A XESTIÓN EMOCIONAL .

COMO SE UTILIZA?

-DEBEDES ENSINAR AOS VOSOS FILL@S A RODA E EXPLICARLLES QUE A DEIXAREMOS PEGADA NO FRIGORÍFICO,  OU NUN LUGAR VISIBLE, E QUE PODEN RECURRIR A ELA CANDO ESTEAN ENFADAD@S OU SINTAN QUE COMEZAN A ENFADARSE.

- DESPOIS, PREGUNTÁDELLES SE QUEREN CAMBIAR ALGUNHA DAS OPCIÓNS E A DEIXAREMOS NO LUGAR ESCOLLIDO.

- PACIENCIA: PORQUE ESTA NON É UNHA RECETIA MÁXICA, NIN FARÁ QUE SE ENFADEN MENOS, PERO TRATAREMOS DE QUE LLES AXUDE A XESTIONAR  E REGULAR AS SÚÁS EMOCIÓNS.

TAMEN PODEDES RECURRIR A CONSTRUIR UNHA CAIXA DA CALMA

EXERCICIOS PARA A ACTIVACIÓN DA INTELIXENCIA

Bo día a todas e todos!

Para comezar semana deixo unhas fichas de activación da intelixencia elaboradas pola editorial Santillana. Nos adxuntos tedes os exercicios a traballar en cada nivel educativo e que inclúen actividades que potencian as seguintes habilidades cognitivas:

- Atención.

- Memoria

- Orientación espacial e temporal

- Razoamento verbal e numérico

- Pensamento creativo.

CONTOS SOBRE A IGUALDADE

PODEMOS APROVEITAR ESTES DÍAS NA CASA PARA LER ONLINE COS NENOS E NENAS UNS CONTOS MOI SINXELOS,  QUE ACHEGAN UNHA MANEIRA DIFERENTE DE MIRAR  A NOSA REALIDADE E RACHAN CON MOITOS DOS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO QUE AÍNDA PERDURAN NA NOSA SOCIEDADE.

PICADE NO ENLACE DA JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN E PODEREDES ACCEDER A "ERASE UNA VEZ UN CUENTO AL REVÉS" 

 

"SE GENIAL EN INTERNET"

 

Da colaboración entre a Policía Nacional, Google, o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Fad, acaba de xurdir un proxecto para familias e educadores que pretende ensinar aos nosos nenos/as bos hábitos na contorna dixital.

 

O proxecto ofrece un conxunto de recursos ás familias e educadores para ensinar aos máis pequech@s a facer un uso responsable de internet.

O elemento fundamental do programa é INTERLAND, un xogo interactivo para axudar aos nenos e nenas a aprender leccións fundamentais para desenvolverse coas ferramentas dixitais de forma segura.

 

 

Animádevos a entrar na páxina "SE GENIAL EN INTERNET",  e axudaredes aos vosos fillos e fillas a explorar o mundo en liña con seguridade e confianza.

 

PARA OS ALUMN@S DE 6º QUE EMPEZADES A ESO

Ao finalizar 6º de Educación Primaria os nenos e nenas tedes que ir tomando unha serie de decisións sobre optativas que van determinar o voso itinerario académico persoal.

O Departamento de Orientación do IES Castro Alobre, co obxecto de ofrecer axuda na elección e na toma de decisións relativas á oferta educativa do centro, quere facer chegar a familias e alumnado de nova incoporación, unha breve guía na que atoparán información sobre as diferentes alternativas formativas en 1º curso da ESO neste instituto.

Podedes acceder a elas no arquivo adxunto ou ver a presentación GENIALLY que elaborou este Departamento de Orientación.

GENIALLY POR FIN A ESO!

  IES CASTRO ALOBRE

XESTIÓN EMOCIONAL

PARA AXUDAR AOS NENOS E NENAS A COÑECER AS SÚAS PROPIAS EMOCIÓNS ANTE DIFERENTES SITUACIÓNS E SABER COMO XESTIONALAS, DEIXO DOUS ADXUNTOS, SOBRE TODO DIRIXIDO OS MÁIS PEQUECH@S:

- O SEMÁFORO DAS EMOCIÓNS, NO QUE OS NENOS/AS DEBEN IDENTIFICAR COMO SE SINTEN EN DISTINTAS SITUACIÓNS COTIÁS.

- ANÉCDOTAS E EMOCIÓNS, NO QUE APARECEN NENOS/AS CON DIFERENTES EXPRESIÓNS E HAI QUE RELACIONALOS CON VIVENCIAS OU ANÉCDOTAS ONDE OS RAPACES SE SENTIRAN ASÍ.

TODAS ESTAS ACTIVIDADES DEBERÍAN CONVIDAR A FALAR EN FAMILIA, PORQUE É UN XEITO DE APRENDER TODOS XUNT@S A COÑECER AS PROPIAS EMOCIÓNS E AS DOS DEMAIS, E A VALORAR A IMPORTANCIA DE RESPECTALAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut