Skip to Content

Orientación

25-N

AS NENAS E NENOS DE TERCEIRO EN CONTRA DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

25-N

O CEIP AREALONGA CONMEMORA O 25-N

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

MEDIACIÓN ESCOLAR

Outro ano máis e xa van cinco, comezamos a formación dos alumnos e alumnas mediadores de 5º e 6º de Primaria, que van axudar a que no colexio haxa unha convivencia pacífica, tratando de resolver os conflitos que xurdan a través do diálogo e da mediación.

Grazas a TOD@S! pola vosa colaboración neste proxecto, este curso coas medidas de seguridade que esixe a situación derivada da covid.

IGUALDADE

Hoxe, 11 de novembro, grazas a colaboración da Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía puidemos disfrutar no centro dun espectáculo narrativo-musical da compañía Rilo&Penadique titulado "O pozo das señoras", no que nos contaron tres contos galegos protagonizados por mulleres.

A todos os nenos e nenas gustoulles moito esta representación teatral que puidemos ver a través de youtube, porque a pesar da pandemia temos que seguir a disfrutar da cultura.

CIBEREXPERT@S

Comezaron hoxe, 9 de novembro, as charlas de Ciberexpertos/as para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

Grazas a colaboración da Policía Nacional, en concreto do Inspector Suárez, podemos aprender a movernos con seguridade por internet e nas redes sociais, algo moi importante nestes tempos nos que pasamos moito tempo xogando e aprendendo mediante as novas tecnoloxías.

A través destas charlas visualizaremos os riscos que poden conlevar as redes e aprenderemos a facer un uso responsable e seguro de internet.

CONTOS PARA OS MÁIS PEQUECH@S

Xa levamos máis dun mes de curso e a volta á "nova normalidade", ao colexio, dos máis pequenos e pequenas ao mellor non foi o que esperaban, porque non poden estar cerca dalgún dos seus amigos/as, porque sinten medo ante o coronavirus...A escritora Begoña Ibarrola  vén de publicar o libro: "Cuentos para una nueva realidad" , que é un recopilatorio de contos moi interesante para traballar as emocións que xurden nesta nova situación ( o medo ao contacto, as novas medidas de seguridade, o medo a estar lonxe de parte da familia..), para adquirir novos hábitos de hixiene ou para recoñecer todo o positivo que nos está proporcionando esta nova realidade, como o estar máis tempo en familia, a creatividade, etc

É unha lectura moi recomendable para facer en familia cos nenos e nenas máis pequenos e podedes atopala na Editorial Destino.

 

 

AXUDAMOS AOS NENOS E NENAS NO ESTUDO

Xa levamos case un mes de curso, superados os medos e incertezas iniciais, temos que adquirir e mellorar os hábitos de estudo dos nosos nenos e nenas.

No arquivo adxunto deixo unha serie de consellos para axudar aos vosos fillos e fillas nas tarefas escolares e de estudo que teñen que realizar na casa. Espero que vos sirvan de guía e reflexión.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UNHA AXENDA PARA ORGANIZAR O NOVO CURSO

Desde Aulas Galegas podemos descargar unha axenda escolar que axudará aos nenos e nenas a organizar o traballo de todo o curso. Inclúe horarios, calendarios trimestrais e mensuais, lista de tarefas e unha parte denominada "Recursos" onde rexistrar contactos, contrasinais, avisos de titorías, traballos telemáticos e ata autocontrol epidemiolóxico. Ademais está ilustrada e feita en lingua galega.

Podedes descargala no seguinte enlace:https://aulasgalegas.org/a-axenda-aulas-galegas-para-o-alumnado-xa-esta-aqui/

A LEDICIA DA VOLTA AO COLEXIO

Levamos xa dúas semanas de clases e superados os medos e inseguridade inicial, os nenos e nenas están felices de volver ao colexio, sempre respectando as medidas de hixiene e seguridade.

Nós como adultos temos que ser modelos de conduta e pese a angustia que xera esta situación de crise sanitaria trasmitirlles seguridade e confianza, demostrarlles que temos que ser capaces de sobrepoñernos a esta situación e sobrelevala de xeito racional, é dicir, temos que ser resilientes.

Deixo neste ENLACE un artigo moi interesante da antropóloga e experta en educación emocional Pax Dettoni no que nos aporta 5 estratexias para protexer á infancia en tempos de covid. Espero que vos guste e sirva de axuda para acompañar  emocionalmente aos vosos fillos e fillas na volta ao colexio neste curso 2020-2021.

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO

Ola a tod@s: nenos e nenas, familias e profes.

Comezamos un novo curso escolar cheo de incertezas, pero coa ilusión de volver a vernos e a estar xunt@, ainda que sexa con máscara, distancia de seguridade e facendo unha continua hixiene de mans.

Os cambios que estamos a experimentar pola situación derivada da COVID xera en moitos dos nosos nenos e nenas unha sensación de angustia e inseguridade, así que nada mellor que unha información clara e precisa para que eles podan afrontar os seus medos e incertezas.

Deixo no enlace FALAMOS DO CORONAVIRUS unha pequena presentación con información sencilla e visual para que os rapaces entendan e afronten con tranquilidade á volta ao colexio, coas medidas hixiénicas e de seguridade que deben poñer en práctica para que fagamos entre tod@s un colexio saudable e seguro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut