Skip to Content

Orientación

OBRADOIROS PARA FAMILIAS

A Cruz Vermella vén de poñer en marcha o proxecto "Apoio a parentalidade positiva" coa finalidade de axudar ás familias nas funcións de crianza e socialización dos seus fillos/as.

A inciativa consiste nunha serie de obradoiros de xeito virtual nos que se traballarán competencias das familias como a corresponsabilidade de tarefas, o benestar emocional, o manexo social...

Os pais e nais que esteades interesados/as podedes contactar con arosa@cruzroja.es, pontevedra@cruzroja.es ou ben no teléfono 986512244, e concretamente coa psicóloga Rocío Iglesias.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Para conmemorar o 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia, deixo un enlace onde podedes descargar un cómic sobre Científicas pasado, presente e futuro, elaborado pola Unidade de igualdade da Universidade de Sevilla e que vai dirixido a nenas e nenos entre 8 e 14 anos para que coñecen o papel da muller no eido científico, visualizando a profesión e vida real de científicas relevantes do pasado e do presente, co fin de espertar nas nenas a vocación polos estudos tecnolóxicos e científicos.

Para descargalo picade no enlace "Cómic científicas pasado, presente e futuro"

 

DÍA INTERNACIONAL DA INTERNET SEGURA

A CEAPA para axudar as familias na xestión do uso dos videoxogos e do móbil cos fillos e fillas publicou recentamente unha pequena guía con consellos de como empregar axeitadamente as novas Tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito familiar.

É un documento curto, pero moi claro que podedes descargar no enlace El papel de las familias en la promoción saludabel de videojuegos y dispositivos móviles en estudiantes

 

DÍA DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

COMO CADA CURSO O 30 DE XANEIRO CONMEMORAMOS ESTA DATA E ESTE ANO TAN ESPECIAL QUIXEMOS CONTAXIARNOS DE PAZ E BOS DESEXOS CUN MURAL COLECTIVO CON MENCIÑAS CURATIVAS COMO O AGARIMO, A PACIENCIA, A EMPATÍA, A ILUSIÓN, O AMOR...GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

PASAMOS Á E.S.O

Cando remate este curso os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria acabades a vosa etapa educativa no colexio e pasades ao instituto.

O Departamento de Orientación do IES Castro Alobre elaborou un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarvos tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula que se realizará no mes de xullo. O horario do IES Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes que se producen dunha etapa á outra... son datos que podedes consultar nos seguintes enlace: Por fin a ESO!! e Alumnado que accece a 1º da ESO

EMPATIZA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria están a participar nuns obradoiros de habiidades sociais desenvolvidos polo Educador Social Ramón Molina, grazas a colaboración da área de Servizos Sociais do concello de Vilagarcía.

Habilidades sociais coma a asertividade,a escoita activa ou a empatía axudarannos a saber afrontar os conflitos de maneira pacífica, a través do diálogo, cara a conseguir unha mellora da convivencia escolar no noso centro.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

HOXE, 3 DE DECEMBRO,CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E PARA CELBRALO E APOIAR AS PERSOAS QUE TEÑEN DIFERENTES APTITUDES DEIXO NO ADXUNTO, CARTELERA SEMANA DA INCLUSIÓN, UNHA SERIE DE CURTAMETRAXES QUE PODEDES VER EN FAMILIA PARA FALAR E REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DE RESPECTAR AS DIFERENZAS INDIVIDUAIS E APOIAR  A INCLUSIÓN PLENA DAS PERSOAS CON ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE.

25-N

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO TRABALLAN 

PARA ELIMINAR A VIOLENCIA CONTRA A MULLER

25-N

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL 

ELABORAN UN MURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25-N

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

CONMEMORAN O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN

DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Distribuir contido


by Dr. Radut