Skip to Content

blogue deEquipo Infantil

Desfile de Entroido

Acorde coa temática "Unha viaxe polo mundo"  este ano.... Entroidamos polo mundo

 

Máscaras Entroido

Os  Alumnos de 5º de primaria fixeron estas máscaras polo entroido. A que son uns artistas?

DIA DA PAZ

Este ano no DIA DA PAZ  imaxinamos un mundo " SIN FRONTEIRAS".

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - 2023

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 DE FEBREIRO) AQUÍ VOS DEIXAMOS UNIDADES DIDÁCTICAS PREPARADAS POR CICLOS PARA QUE AS TRABALLEDES NA AULA.
 


 
 

OBRADOIRO FAMILIAS

O VINDEIRO MARTES,24 DE OUTUBRO, DESENVOLVEREMOS NO CENTRO UN OBRADOIRO SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS, SAÚDE E CONVIVENCIA COA COLABORACIÓN DO DOUTOR EN PSICOLOXÍA SOCIAL E PROFESOR DA USC, ANTONIO RIAL BOUBETA, NO QUE REFLEXIONAREMOS SOBRE ALGÚNS DESTES TEMAS:

-O uso intensivo da tecnoloxía é capaz de cambiar ás emocións e os hábitos de vida dun rapaz, do mesmo xeito que é capaz de mudar tamén a propia química do seu cerebro.

-Internet e as redes socias pasaron a ser a gran “Lámpada de Aladino” dos novos tempos. A través dun simple móbil un neno pode acceder de maneira inmediata a entretenimento, diversión, compañía, comprensión, amizade, placer, sexo… todo na palma da man. É inxenuo pensar que un neno de 12 anos vai durmir co móvil na habitación e non frotar esa lámpada maravillosa. A responsabilidade témola que exercer nós

-O importante da Internet non é só o que se fai, senon o que se deixa de facer

Podedes consultar toda a información no adxunto e esperamos a vosa asistencia posto que é un tema moi importante para toda a comunidade educativa: familias e profesorado

REFRÁNS 6ºC

O alumnado de 6ºC elaborou este refraneiro no que ademáis de explicar o seu significado fixeron unhas ilustracións preciosas.

 

Letras galegas 2023

O día das letras galegas achégase, e un ano máis aquí tedes unha chea de recursos para que traballedes e poidades coñecer un pouquiño máis sobre o tema. 

https://primaveradasletras.gal/2023/actividades

https://primaveradasletras.gal/2023

https://primaveradasletras.gal/

https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego

http://www.seminariogalan.org/

CARREIRA POLA IGUALDADE

O 8-M NON PUIDEMOS FACELA PERO HOXE, 15 DE MARZO, REINVINDICAMOS A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES CUNHA CARREIRA SOLIDARIA NA QUE RECADAMOS FONDOS PARA A INVESTIGACIÓN SOBRE A LEUCEMIA INFANTIL

XA SOMOS COLE "UNENTRECENMIL" E CONSEGUIMOS 798 EUROS PARA IMPULSAR A LOTIA CONTRA ESTA ENFERMIDADE INFANTIL.

Mulleres do mundo

Seguimos viaxando polo mundo. Para celebrar o día da muller, as familias do centro colaboraron aportando información e vivencias de mulleres da súa familia que por diversos motivos tiveron que vivir ou traballar en distintos países e así reinvindicamos a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres.

Grazas a todas as nosas Mulleres do mundo!!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut