Visitas ao colexio

VIAXAMOS A COLOMBIA

Todo o colexio de Ardán mergullouse no coñecemento cultural, artístico e gastronómico dun país marabilloso como é COLOMBIA. Grazas a visita de dúas mulleres colombianas, as cales explicaron a tod@s @s nen@s onde se atopa o seu país, cales son as súas bandeiras, costume, instrumentos, artístas e famos@s  que tamén naceron alí,..

Contacontos Olga Cuervo

Con motivo das actividades de animación á lectura programas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca para este curso. Tivemos a visita da contacontos Olga Cuervo, que através   da dramatización, da xesticulación e da modulación vocal deixou aos máis cativos do colexio abraíados cos seus contos e historias.

Foi todo un pracer que estivera no noso colexio!

Xoán Curiel: Estamos no verán!

O músico e compositor Xoán Curiel tocou e cantou algunha das súas cancións do seu disco ESTAMOS NO VERÁN!!! Unha fascinante novela-disco que naceu da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.

CHARLA ANFIBIOS

Dar grazas a Miguel, experto en anfibios e tamén mestre, por acercarse ao noso Centro e darlle unhas charla @s nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º de EP sobre os anfibios. Coñecendo un poco máis sobre estes seres vivos  e poidendo ver e gozar  das fotos que lles fai el cando sae a observar a natureza.

 

Familias con moito humor!

PINCHA NA IMAXE

AS FAMILIAS DA ESCOLA

Charlas Compostaxe

Hoxe 15 de febreiro TODO o colexio tivo unhas charlas didácticas dentro do Centro sobre o proceso de compostaxe e todo o que iso conleva.... Previamente falouse sobre os tipos de residuos e a importancia de reciclar.

Charlas Compostaxe

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031
Distribuir contido