POR UN FUTURO CON ÁRBORES NA NOSA PAISAXE!

 Con motivo dos incendios que sufriu Galicia no 2017 o CEIP de Ardán tamén quere plantar a súa semente!! Grazas a Comunidade de Montes  @s nen@s de Primaria, do noso colexio revitalizaron a nosa contorna plantando árbores ( carballos, cerdeiras,,,) no monte da Teoira, nunha zona que tamén fora dañada fai anos por esta lacra que son os incendios.

POR UN FUTURO CON ÁRBORES NA NOSA PAISAXE!

Xa temos compostadora!

Grazas ao Plan Revitaliza @s nos@s nen@ saben como funciona a compostadora. Tod@s (Infantil e Primaria) recibiron  clases tanto teóricas coma prácticas (adaptadas ao seu nivel) de que a compostaxe é a maneira de convertir os restos de comida e vexetais en fertilizante natural. Para compostar é necesario mesturar  a basura orgánica cos restos leñosos e  secos de podas, serraduras, follas…

Xa temos compostadora!

Proxecto "Os Contos"

Un dos proxectos que desenvolve o colexio neste segundo trimestre son "Os Contos".

Proxecto "Os Contos"

Semana da Prensa 2018

Durante a  Semana da Prensa repartíronse durante toda a semana  periódicos nas aulas . Ademais, fixéronse  no Centro  distintas actividades relacionadas con este medio. Usando tanto o periódico coma  a prensa dixital. 

Semana da Prensa 2018

8 M "Día da Muller Traballadora"

Desde o colexio celebramos este día facendo  a nosa particular homenaxe cun mural a todas aquelas mulleres escritoras de contos e colocamos un expositor de contos só de escritoras .

   8 M   "Día da Muller Traballadora"

Loita Olímpica

Dentro do Programa Xogade as nenas e nenos de Ardán de 3º/4º e 5º de EP participaron na especialidade de Loita Olímpica. As probas realizáronse no Colexio do Sequelo.

Loita Olímpica

#AbrideAFiestra

Con motivo do nacemento do Día de Rosalía o 24 de febreiro desenvolvéronse no Centro unha serie de actividades para que as rapazas e  rapaces coñezcan máis a vida e obra da nosa  Poetisa Galega. Entre as distintas propostas foi a  elaboración destos mandalas pendurados nas fiestras para lles dar luz desde as fiestras e tentar facelos visíbeis socialmente. en colaboración coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).

#AbrideAFiestra

Charlas Compostaxe

Hoxe 15 de febreiro TODO o colexio tivo unhas charlas didácticas dentro do Centro sobre o proceso de compostaxe e todo o que iso conleva.... Previamente falouse sobre os tipos de residuos e a importancia de reciclar.

Charlas Compostaxe

Un Entroido de conto

Xa està aquí, xa chegou a maxia do Carnaval ao cole de Ardán.
Este ano todas/os  disfrazámonos de personaxes de conto: ananiños ,Brancaneves,lobos, Carapuchiñas, avoìñas unicornios,raíñas e princesas,  Epi e Blas, abellas, algún monstruo,  ratiños que seguen ao frautista de Hammelin,... un desfile de CONTO!!

Un Entroido de conto

O Entroidiño

Este ano o Entroidiño disfrazouse de Caillou (personaxe de conto) e visitou às nenas e nenos de Ardán. Foi todo un acontecemento. Durante toda esta semana deixará unhas mensaxes, coma levar unha prenda ao revés se o queres pasar ben. 

O Entroidiño

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
Distribuir contido