CLUB DE LECTURA
O pasado venres, o alumnado de 6º de EP foron visitar o IES Illa de Ons para participar cunha parte do alumnado de 1º ESO do club de lectura "Ons, a illa do tesouro" gozando dun xantar en conxunto e dunha nova xornada de xogos e lecturas. Despois, algúns rapaces e rapazas de 1º ESO leron a obra teatral "Misterio no Instituto", creada pola profesora Lourdes Garrido.
SPRING 2019
As nenas e nenos de 1º e 2º de EP, estiveron fixeron un cartel fermosísimo sobre a primavera (Spring) na clase de plástica. Usaron distintas técnicas e materiais ( pintura de uñas, témpera, lapis,...).
MALETA INCLUSIVA
Continuamos enchendo o noso colexio de libros que enchen o noso imaxinario de historias, contos, poemas, aventuras,... nas que TOD@s temos un oco nelas.
XA TEMOS INCUBADORA
No cole de Ardán estamos moi emocionados, porque hoxe puxemos a incubar ovos de pitiños, a meirande parte son "pitiños de Mos".
AGASALLA UN LIBRO!
O martes 23 de abril celebramos no colexio o DÍA DO LIBRO, agasallando a tod@s @s nen@s do noso colexio un libro da nosa Biblioteca.
Ademais elaboraron uns marcapáxinas co debuxo da ROSA DOS VENTOS. A rosa que é a flor que se agasalla neste día e a rosa dos ventos coma símbolo de orientación para os mariñeiros e que o relacionamos co Proxecto que levamos a cabo neste curso " A volta ao mundo".
A CASA MUSEO DA MANGALLONA
Con motivo da celebración do Día das Artes Galegas, este ano adicado a Luis Seoane, os nenos e nenas de 3º,4º, 5º e 6º EP fixeron unha visita guiada a Casa Museo da Mangallona.
DÍA DO AUTISMO
Neste día o colexio realizou distintas actividades para sensibilizar e concienciar ao noso alumnado de que é o autismo. Como a lectura do libro "O cazo de Lorenzo" e facer o símbolo do infinito con distintas cores. Adxuntamos un cartel de distintas actividades que realizaranse na comarca do Morrazo.
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Hoxe, día 1 de abril celébrase o "Día das Artes Galegas" A iniciativa desta efeméride naceu da RAGBA no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá.Este ano adicado a
VIAXAMOS A COLOMBIA
Todo o colexio de Ardán mergullouse no coñecemento cultural, artístico e gastronómico dun país marabilloso como é COLOMBIA. Grazas a visita de dúas mulleres colombianas, as cales explicaron a tod@s @s nen@s onde se atopa o seu país, cales son as súas bandeiras, costume, instrumentos, artístas e famos@s que tamén naceron alí,..
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |