Mulleres de Conto no Salón do Libro

Os peques do colexio tiveron de novo unha saída, esta vez ao Pazo da Cultura, para visitar o Salón do Libro. Este ano adicado "As mulleres de conto" e render unha merecida homenaxe a ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias…

 

Ademais gozaron un montón  do espectáculo da " Ovella Engracia" , baseado nun texto de María Lado, este espectáculo con cancións orixinais de Lucía Aldao e música do Seminario Permanente de Jazz, foi deseñada en exclusiva para o Salón do Libro.

Engracia pensa que ser ovella é moi súper aburrido. Ela come herba, durme a sesta, salta valados para adestrar… Pero iso non lle chega. O que realmente desexa a ovella é ver a lúa no alto da noite. Despois de moito pensalo, un serán consigue despistar ao rabaño e bota a andar atrás da lúa…

 

E como non.... de Orbi cos seus agarimos e apertas !!

 

 

 

Mulleres de Conto no Salón do Libro

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930