ACTIVIDADES REVITALIZA

 

PINCHA NA IMAXE

 

Canto temos que aprender sobre os bechos que nos arrodean e os microorganismos que están na nosa terra. Porén, os de REVITALIZA fixéronnnos unha visita para ver coa rapazada de Laboratorio Máxico 21 como se atopa o noso composteiro. Cos máis cativos, a proposta foi “A tribo dos Ecobechos” no que aprenderon a través dun conto e de diversas actividades sensoriais o proceso de elaboración de compost e como coidar a terra. Tamén realizaron cos de Laboratorio 34 un obradoiro práctico no que construíron un pequeno composteiro para observar a evolución do mesmo (medición de diferentes parámetros: volume, masa, temperatura) durante varias semanas na aula. Finalmente, con Laboratorio 56, aprenderon e desfrutaron moitísimo con Antón, xa que coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, material de aumento e chaves dicotómicas, realizaron a identificación de invertebrados presentes no composteiro, sinalando a súa función no proceso da compostaxe.

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930