AULAS LABORATORIO

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Chegamos ao noso laboratorio con máis idade, onde os diferentes ámbitos son o eixe vertebrador do que xurden as propostas de aprendizaxe.

Deste modo, a través do ámbito lingüístico, científico tecnolóxico e matemático, o alumnado vai mergullándose nos diferentes contidos que precisan para resolver os retos e acadar os seus obxectivos.

Este traballo combínase co traballo interdisciplinar do proxecto anual, coas propostas STEAM de investigación e creatividade como as que xurden do Club de Ciencias e coa cooperación nas dinámicas que manteñen vivo ao cole: organización para o coidado do horto e invernadoiro, da biblio Illa de Borli, dinamización dos momentos

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

A autonomía é a base do seguinte laboratorio da nosa escola. A búsqueda de información por diversas canles, a selección, a comparación e a síntese, estructuran o pensamento crítico desta etapa.

A autoavaliación e o coñecemento dun mesmo xeran oportunidades de aprendizaxe significativas para a rapazada.

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

O Laboratorio Máxico 21 iníciase no traballo colaborativo, centrándose en propostas diferentes nas que cada componente do grupo xoga un papel fundamental e indispensable.


A través dos diferentes retos e pequenos proxectos a rapazada mergúllase na lectoescritura e no razoamento lóxico matemático.

PINCHA NA IMAXE

Hoxe adentrámonos na aula laboratorio Galaxia, onde os máis pequeniños e pequeniñas comezan a andaina da experimentación, a investigación e descubren as propostas de xogo como aprendizaxe e desenvolvemento emocional 

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930