DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
PINCHA NA IMAXE
PINCHA NAS IMAXE PARA VER OS VÍDEOS
O CEIP de Ardán nos sumamos ao 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero co lema "FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO SÓ CABE UNHA RESPOSTA. SEN NINGÚN XÉNERO DE DÚBIDA"
Cada día esforzámonos no colexio por coeducar ao noso alumnado na IGUALDADE E NO RESPECTO para conciencialos da importancia de rexeitar calquera acto violento.
Ao longo desta semana fixemos diversas actividades e propostas especialmente sobre a igualdade de xénero.
Entre elas:
-A gravación do vídeo "Que non mo neguen" das Tanxugueiras , do cal participou todo o colexio e preparouse para visualizalo o 25 N no colexio.
-Compartimos co noso alumnado o saúdo das Tanxugueiras ao noso colexio.
-A mascota Borli, avisou as nosas nenas e nenos da colocación na entrada do colexio do " Expositor 25N" no que se seleccionaron contos que tratan fundamentalmente o tema da igualdade e da ruptura de esteriotipos.
-Tamén realizouse un mural na entrada coa frase 25N, ao que se lle engadiu os cabaliños do demo de cor violeta, que realizaron @s nen@s grazas a mensaxe que lles enviou Borli con motivo do 25N.
-Fixeron a exposición sobre científicas da nosa historia e varios experimentos inspirados nas súas investigacións e vida.
-Desde o CIM de Marín fixo entrega dunha libreta sobre a NON VIOLENCIA DE XÉNERO para todo o alumnado.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |