Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor - 2021
Animarvos a toda a Comunidade Educativa a participar das actividades deseñadas para conmemorar un día tan importante para o noso colexio e a biblioteca Illa de Borli.
PINCHA NA IMAXE
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2021.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas."
Neste mes, e todo o ano, non agardemos a que os libros peten na nosa porta, naveguemos por un mar de lecturas e deixémonos arrolar polas súas ondas.
As imaxes son unha colaboración da nosa compañeira Cristina Novoa, a quen agradecemos as fotografías tomadas en Malta e na Ría de Aldán.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |