Axudas para a adquisición de Libros de texto e material escolar 2020/2021

 Publicouse  no DOG do 19 de maio de 2020 a orde pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria para o curso 2020/2021.

 

 

Solicitude

 

Formulario normalizado Anexo I e Anexo II

 

 

 

 

Presentación das Solicitudes

 

De acordo co exposto na Orde de 12 de maio de 2020 e para garantir as medidas de protección e seguridade das familias e do persoal do centro, recomendamos realizala solicitude de xeito telemático, ben a través da sede electrónica da xunta, ben a través da aplicación Fondolibros, para o cal precisan dun certificado dixital ou ben da  Chave365.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación

e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema
de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación a achegar xunto coa solicitude:

 

a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

 

Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

 

   -  Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a  atribución da custodia do/da menor. 

 

   -  Volante de convivencia histórico.

 

   -  Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

b) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero

 

d) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

f) Volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Calendario

 

AnexoTamaño
Calendario Prazos Fondos Libros.pdf109.63 KB
Listaxe provisional.pdf146.46 KB
Listaxe definitiva.pdf143.59 KB

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031