#ARTELLANDO COA PINTURA DE PABLO PICASSO

 

 

                                 RECURSOS   TIC 

1.- SOBRE PICASSO:

- Vídeo da  profe sobre a vida de Picasso

-Conto: “PICASSO para niños

-Conto:Picasso y Minou”.     

-Poema:Este Picasso es un caso”, Carlos Reviejo

- Espectáculo con canción: “Este Picasso es un caso”

-Picasso para nen@s  ( moi gracioso, con figuras de playmobil )  

 

2.- SOBRE ALGUNHA CIDADE NA QUE VIVIU E  INSPIROULLE:

París. Xeografía para nenos. Viaxe polo mundo.

 
Picasso  e as súas cidades.  

3.- SOBRE AS FIGURAS XEOMÉTRICAS:

- Cantiga: “Ronda infantil”

- Cantiga 

- Cantiga

-Formas 3D

  
4.- SOBRE AS EMOCIÓNS:

Conto:O monstruo de cores"

- Cantiga: “O monstruo de cores”

5.- FICHAS:

- Proxecto: “Este Picasso é un caso”
 
6.- MANUALIDADES:

-Marionetas con briks. Para os máis “manitas”  

-Máscara africana

 
-Como facer pasta de sal

  
7.- CANTIGA

 

-“Os pintores” A pandilla de Drilo
 
 
8. ACTIVIDADES

1. Montar o  "Recanto de Picasso”nalgún lugar de casa onde pondremos todo o que aprendemos.
 
2. Escribir o nome de Picasso en grande e colorear as letras para poñer no recanto.
 
3. Ver imaxes de Picasso coa típica camiseta mariñeira  de raias brancas e azuis,  podemos xogar a vestirnos coma el.
 
4. Facer algunha ficha sobre a súa vida e a súa obra.
 
5. Situar no  mapa de España e Francia as cidades máis importantes na vida de Picasso: Málaga, A Coruña, Madrid,  Barcelona, París. Colocar en cada unha algo que a represente, por exemplo: Málaga, unha andaluza; París, a Torre Eiffel, Madrid,o Museo do Prado,…
 
6. Celebrar na casa unha “FERIA MALAGUEÑA”, que normalmente se celebra en Málaga o 14 de agosto. Podemos disfrazarnos cos traxes típicos que improvisemos con cousas que temos na casa: traxe de lunares, mantóns de manila, abanico; traxes de campero con faxíns e sombreiro; con lunares por todas partes. Podemos decorar con: "farolillos", flores,… debuxos ou fotos de: fogos artificias, cabalos e carretas engalanadas,… Comida típica: tapas, xamón, frituras,…; música andaluza,…
 
7. Xogar con pezas de construción que teñamos na casa e facer “debuxos cubistas” coma Picasso.
 
8. Recortar partes de caras de revistas e facer  un retrato ao “estilo de Picasso”.
 
9. Debuxar siluetas de formas xeométricas planas: círculo, cadrado,  triángulo, rectángulo, rombo, óvalo. Facer un cadro recortando e pegando estas figuras nun folio o cartolina.
 
10. Ver o conto  e a  cantiga   “O monstruo de cores” e  falar das emocións. Como se sinte o monstruo e  como nos sentimos nós. 
 
11. Falar das  ETAPAS na pintura de Picasso. Ver algún cadro de cada unha, e, imaxinar como se sentiría Picasso cando pintaba eses cadros.
 
12.  Estas son algunhas actividades que podemos facer:
 
- Primeiras obras. Son obras de carácter máis realista.  Cadro: “A primeria comunión”. Actividade: Facer un dibuxo de algo que vexan a realidade, por exemplo os seus xoguetes.

 - Periodo Azul. Morre o seu amigo e Picasso está triste. Nos seus cadros predomina a cor azul.  Cadros: “O vello guitarrista”, “Neno coa pomba”.   Actividade: Pintar un folio co fondo azul e cun rotulador pintar enriba caras tristes.
 
- Periodo Rosa. Pintaba con tons pastel, personaxes do circo. Cadros: “Familia de saltimbanquis”, “Acróbata e  mozo arlequín”. Actividades: Pintar un folio con cores pastel e debuxar enriba con rotulador caras sonrintes. Debuxar personaxes do circo.
 
 
- Período Negro. Inspiración do arte africano. Predomina a cor negra. Cadros: “Autorretrato do autor (1906), “As señoritas de Avignon”. Actividade: facer unha “máscara africana” con diferentes materiais.
 
- Cubismo: Pinta con figuras xeométricas. Cadros: “s tres músicos”, “Chica frente ao espello”, “Dúas chicas lendo”. Actividades:
 
 Xogar a facer construciones “cubistas” con envases vacíos de zume, leite; con tubos de papel hixiénico ,con pelotas, etc ,  que teñan formas xeométricas 3D    (esfera, cubo, pirámide, cilindro, prisma).
 
 Recortar algún destes envases e facer un collage, pegando e coloreando.
 
 Facer algún animal de xoguete con estes envases.
 
 Colorear algunha ficha destas figuras.
 
 Facer un CUBO: pintalo, recortalo, e montalo. 
 
 
- Expresionista: Cadro: “O Guernica”. Actividades: Falar da guerra e cousas que nos asustan. Actividade: Imprimir e  colorear unha imaxe sinxela do cadro.
 
- Vallauris: Dedícase a facer esculturas e cerámica.  Actividade: Crear algunha obra de arte con “Pasta de sal”, deixar secar e pintar.

Eventos

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031