VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
A Biblioteca Illa de Borli acolleu este luns ao escritor Miguel Ángel Alonso Diz, escritor do libro "Música no faiado", "A nena á que non deixaban ser feliz",...
Cando chegou ao colexio @s nos@s nen@s o recibiron con gran alegría xa que o recoñeceron rapidamente, este entusiasmo durou todo o tempo que estivo con nós. Non lle pararon de preguntar sobre a súa vida, como chegou a ser escritor/a e como se fai un escritor/a, como sabe tanto sobre os nen@s, se vai a ver segunda parte do seu libro,... e como non Miguel Ángel contestou a todas as preguntas e animoulles a ler e escribir. Que importante e saber transmitir o que queremos contar aos demais!
Foron dúas horas hipnóticas na que cativos e maiores aprendimos en primeira persoa a profesión de ser escritor/a.
Grazas Miguel Ángel Alonso Diz por asinar un por un, e con gran agarimo e paciencia, os libros das nosas rapazas e os nosos rapaces.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |