Día contra a Violencia de Xénero

Durante  toda a semana pasada estivemos realizando distintas actividades c@s nen@s para sensibilizalos da importancia da NON VIOLENCIA XÉNERO.

Entre elas, a realización dun mural coas súas mans  pintadas  de violeta dentro do logo de twitter al co hashtag  #Equaliter poñendo as mans de cada neno en contra deste tipo de violencia  Feito o mural, gravouse  unha voz en off dicindo “No CEIP de Ardán rexeitamos a violencia”. Tamén gravouse cas/os rapazas e rapaces de 5º e 6º de EP  o slogan deste ano : “Loitaremos por vivir sen medo”  (rapazas)  e  “Nós loitaremos ao voso carón” (rapaces).

Todas estas actividades forman parte dun movemento impulsado por varios centros a nivel autonómico, do que se fará  un vídeo xeral  coas distintas pezas dos colexios participantes. E que @s nen@s poderán visualizar cando estea elaborado.

Ademais, o día 23 de novembro, recollimos as Maletas da Igualdade, material de contos e libros paro o alumnado e o profesorado. 

Finalmente dende o Concello de Marín fíxose entrega de bolígrafos para todo o alumnado e dos carteis deste ano que fomentan o uo dunha linguaxe inclusiva de xénero.

 

 

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031