Alerta Sanitaria e Cancelación das clases
Benqueridas familias:
Dende o claustro de Mestres do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño informámoslles de que a partir do vindeiro luns día 16 ata dentro de 14 días o centro permanecerá cerrado para a docencia.
Pregámoslles que, na medida do posible, só asistan ao centro en caso necesario e manteñan a corresponsabilidade de non saír das súas casas se non é necesario.
Tedes na páxina da Xunta toda a información relativa ao procedemento a seguir nesta crise sanitaria, considerada a día de hoxe pola OMS como pandemia.
De igual xeito, o profesorado traballou desde onte para que os nenos e nenas non perdan o ritmo de traballo establecido durante este trimestre polo que pregamos sigan as instrucións elaboradas polos mesmos para o día a día.
De momento, desde esta dirección, só temos as recomendacións que anunciou onte á mañá o presidente da Xunta de Galicia polo que se hai novas, dende o luns atenderei telefonicamente a todas aquelas familias que así o consideren para resolver as dúbidas que poidades ter ao longo destes días ou novidades das que debérades ter información.
Esperando que se estabilice toda esta situación solicitamos, de igual modo, que si algún caso aparece na nosa comunidade educativa ou vos propoñen para permanecer en cuarentena nolo fagades saber para alertar ao resto do alumnado, familias ou persoal que formamos parte desta, nosa comunidade.
Sen máis, recibide un cordial saúdo.
En Abadín, a 13 de marzo de 2020
Marta Paredes Fraiz
Directora do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño
- blogue de
- APIs de Blogue