Participamos en Campo a Través do programa deportivo XOGADE
Xogade – Campo a Través – Fase Comarca Touro 2020 – 03/12/2019 – O Pino
Iniciativa da Xunta de Galicia onde os escolares, de xeito voluntario, teñen a posibilidade de practicar e competir con clubs e colexios de toda a Comunidade Autónoma, combinando o deportivo e competitivo, o escolar e o federado, nun programa lúdico e participativo co obxectivo principal da promoción da saúde e o benestar, sen esquecer nin descoidar o rendemento deportivo.
Salientamos a boa participación dos nosos escolares, case o 60% do alumnado de segundo a sexto de primaria.
Participación bastante exitosa pois acadáronse tres medaias de bronce e unha de prata en diferentes categorías.
A actividade discorreu nun entorno natural excepcional e a meteoroloxía acompañou, dando unha pequena tregua para poder realizar estas actividades ludico-deportivas, o que permitiu a comunicación e a convivencia e como non o divertimento.