Estimadas familias: Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para a adquisición de libros e material didáctico convocadas pola Consellería de Cultura, Educación , FP e Universidades.
Vai dende o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído). Nos seguintes enlaces tedes toda a información precisa e como adxunto os anexos I e II da solicitude.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0001_gl.pdf
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0002_gl.pdf
https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
Se presentastedes a solicitude o curso pasado e non houbo modificacións nas vosas circunstancias non é preciso que entreguedes a documentación complementaria dado que xa dispoñemos dela. A presentación podedes facela de xeito telemático ou presencialmente no centro
O alumnado que para o curso 23/24 estará no instituto debe dirixir a solicitude ao centro onde teña adxudicada praza.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Axudas_libros.pdf | 1.61 MB |