Skip to Content

Os Maios 2021

Os Maios 2021

"Pra facer os Maios temos que coller, un feixe de frores e algo de dicer..."

E chegou ese día no que queremos botar fora o inverno e darlle a entrada á tan ansiada primaveira cunha boa festa, que aínda que non podemos festexar como soiamos facer anos anteriores, aproveitamos e gozamos en grande cantando e bailando.

Despois de tres días organizándonos por pequenas quendas, para que todo o alumnado puidera colaborar coa creación e decoración do Maio e o Maíño e grazas a contar coa importantísima axuda das familias, o resultado foi tan fantástico como podedes ver nas fotos.

 

 Para ver mais fotos: pincha aqui



image | by Dr. Radut