Ideas para xogar e traballar os números ata o 100
-
Comezar nun número calquera (inferior a 100) e ir de 2 en 2 ata 100, de 3 en 3 e de 5 en cinco.
-
Comezar nun número inferior a 70 e ir cara atrás de 2 en 2, de 3 en 3 ou de 5 en 5.
-
Buscar dous números que sumen 10, 20, 30...
-
Dicirlles un número calquera e que digan o anterior e o posterior.
-
Utilizar as expresións: maior que... menor que... e igual que...
-
Pensar un número e que teñan que adiviñalo dando pistas como: nas decenas hai un 3, nas unidades hai un 2.
-
Tamén podedes practicar cos típicos xogos como: o parchís, a oca ou o bingo e incluso elaborar os vosos propios taboleiros.