Skip to Content

Os maios 1

Os maios 1

SANTIAGO : Sábese que existían na Idade Media. Só se vestía de maio un neno de cada grupo, cubrindo as súas roupas con flores e follas (lirios, fiuncho etc.). Na  cabeza levaban unha coroa de flores e na man dereita un bordón. O xefe do grupo , o maio, ficaba de pé facendo constantes reverencias coa cabeza, mentres os outros andaban ao seu redor seguindo o compás das coplas chocando paos. Tiñan unha fórmula común para comezar, que era repetida por todos os maios da cidade: 

Maio: ¡Cantarán o maio! 
Coro: ¡E máis ben cantado!.

Continuando coas coplas: 

Eu pidinlle o maio 
a un cabaleiro. ..
Moita bambolla 
e pouco diñeiro.

Revista de Folklore

Autor: GONZALEZ PEREZ, Clodio

 

"Aí ven o maio" de Luis Emilio Batallán

 



image | by Dr. Radut