O pasado luns día 30 celebramos o Día da Paz.
Foi un día especial, cheo de alegria e moitas emocións
Grazas a todos pola participación e colaboracións!
Nas galerías atoparedes diversas imaxes da celebración.
O pasado luns día 30 celebramos o Día da Paz.
Foi un día especial, cheo de alegria e moitas emocións
Grazas a todos pola participación e colaboracións!
Nas galerías atoparedes diversas imaxes da celebración.
Outro ano que queda atrás, mil momentos que recordar.
Outro ano novo que virá, cheo de soños que desexamos facer realidade.
Ven cantar connosco, que xa chegou o Nadal.
Desexamos que estas notas musicais consigan chegar a todos os corazóns alegres, tristes...
Senón ... que sentido tería o Nadal?
O Nadal é un sentimento de unión, amor, nostalxia, amizade, esperanza...
(V.M)
Grazas ao noso coro pola súa entrega, esforzo e compromiso.
Aproveitamos para agradecer a todo o persoal do Centro, ao alumnado, as familias e a ANPA a súa colaboración durante o 2022.
O Equipo directivo deséxavos: Bo Nadal e feliz 2023!
Agora que xa estamos de vacacións, queremos desexarvos a todos os membros da nosa Comunidade Educativa felices festas e que teñades unha boa entrada de ano.
Gozade do mererecido descanso, pasádeo ben coa familia e sobre todo saúde para todos!
Volveremos o 9 de xaneiro.
O pasado día 5 de decembro alumnos e alumnas do Centro, xunto coas súas mestras participaron na presentación do libro A mar, amar de Xosé Luna.
En agradecemento á colaboración do Centro, recibimos esta fermosa nota:
No ficheiro adxunto podedes ver a actuación do Coro do Centro.
O vindeiro luns 5 de decembro celebrarase a presentación do libro A mar, Amar de Xosé Luna no Liceo de Ourense ás 19 horas. A entrada será libre.
O acto será presentado pola nosa compañeira Susana Godoy, tamén participará o alumnado de 5º de Infantil e será a presentación oficial do coro do Centro, dirixido por Emma Fernández.
Un enorme orgullo para a comunidade educativa do CEIP A Ponte.
FINALISTAS A NIVEL ESTATAL DO CONCURSO ESCOLAR ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?
Parabéns aos nosos alumnos IGOR CIRLAN e MARTÍN LÓPEZ FERNÁNDEZ, de 6º de Primaria, que, con cada un dos seus traballos, son finalistas a nivel estatal no concurso escolar “¿Qué es un Rey para ti?”
Igor e Martín foron seleccionados na categoría multimedia, sendo dous dos tres finalistas galegos dun total de 48 traballos seleccionados no conxunto do Estado.
Podes disfrutar dos seus respectivos traballos no seguinte enlace:
Invitamoste a participar na III Exposición de Fotografía: "O Que Eu Leo"