Semana de actividades culturais

Tagged:  

Rematamos o trimestre con diversas actividades culturais:

O 23 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu á representación de “Cíclope” no Auditorio, obra teatral que forma parte do programa de educación financeira que desenvolven  ABANCA  e  Afundación.

 

O 27 de marzo o alumnado de 1º de primaria participou nun encontro con María Canosa, autora dos libros “O día que choveu do revés” e “Unha fábrica de bicos”

O 28 de marzo visitounos Pere Taburuela, autor do libro “Formigas”.

 

O 30 de marzo recibimos a Charo Golmar, que nos presentou o seu libro “Bicos no vento”.

 

 

 

Estas actividades foron posibles grazas ao Equipo de biblioteca e ao profesorado que preparou co seu alumnado diversas actividades para as visitas.

 

 

Deixamos a continuación as palabras que nos dedicou:

Prezados amigos e amigas do CEIP da Ponte, agradecemento infindo polo voso esforzo, polo voso tempo e por un día inolvidable cheo de agarimos, emocións e amabilidade. Parabéns pola expléndida labor que levades a cabo!  Un honor pertenecer a un colectivo de mestres comprometidos cunha Educación pública de calidade que trasmite valores, posibilita enriquecedoras experiencias, facilita espazos de encontro creativo e trasmite  sensibilidade ao seu alumnado.

Moitísimas grazas por todo!!

Tamén nos enviou este poema para o centro:

 

 Moi agradecidos pola súa visita e as súas palabras!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013