TITORÍA 2ºB

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA (2ª SEMANA-3º TRIMESTRE):

Bos días,

Xunto un documento cos deberes para esta semana e instrucións para que fagan unha ficha interactiva.

Ánimo e coidádevos moito.

Marina.

LINGUA GALEGA 2ºB

Bos días!

Envíovos as actividades de Lingua e anímovos a continuar traballando. Xa estamos case todos en contacto. Os que faltan tamén poden comunicarse comigo a través do correo que vos enviei. Un saúdo.

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 1ª SEMANA (3º TRIMESTRE):

Boas tardes; 

Xunto un documento para cada clase coas instrucións e clave para rexistrarse e entrar en Blink Learning como vos comentara e os deberes desta semana.

 Coidádevos moito, unha aperta.

 Marina.

Nota: Cando vos rexistredes en BlinkLearning recordade escribir o nome e apelido do alumno/a, xa que é o alumnado o que debe aparecer dentro da correspondente clase aínda que o correo electrónico sexa voso, e cada clase ten unha clave distinta. Facédeo con coidado xa que unha vez enviada a solicitude se ten erros é complicado corrixilos.

 

TRABALLO DE LINGUA GALEGA

Ola a tod@s!

Tod@s ben seguro.Xa nos toca comezar de novo co traballo e ímolo facer pouquiño a pouco, pero con moito agarimo. O importante é que o que fagamos esté ben feito para que poidamos sentirnos satisfeitos co noso traballo. Así que... COMEZAMOS!

Todo o que vaiades facendo podedes enviarmo á dirección de correo que vos enviei. Agradezo que me poñades o nome das rapazas e rapaces nos traballos porque se o correo está a nome das/os nais/pais dificúltame o traballo, xa que, teño moito alumnado. Disculpade que o envíe con algo de retraso pero é que me xurdiu un problema co ordenador.

 

Unha forte aperta

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 3ª SEMANA:

Bos días. As actividades para esta semana son:

Adxúntase a esta entrada un enlace co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta terceira semana de suspensión de clases. Son varios links con videos para repasar contidos e vocabulario esencial de uso diario.

https://docs.google.com/document/d/11EmBad79-nnRrjyYWSwuGv_AIML8Cqv_3iGHVI6dMPQ/edit

 

A coidarse e moito ánimo!!

Un saúdo!  Bye!!

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 2ª SEMANA:

 Bos días. As actividades son:

Adxúntanse a esta entrada dous PDF co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta segunda semana de suspensión de clases. Son varias fichas de repaso das Unidades 1 e 2 para que as cumplimenten e as estuden. Se non tedes posibilidades de imprimir tamén podedes facelas oralmente, debuxándoas e copiándoas nun folio, etc.

A coidarse moito!

Un saúdo!  Bye!!

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 1ª SEMANA:

Adxúntanse a esta entrada dous PDF co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta primeira semana de suspensión de clases. Son varias fichas de repaso da Unidade 3 e tamén da Unidade 4 que estabamos a rematar para que as cumplimenten e estuden. 

A coidarse moito !

Un saúdo! Bye!!

Distribuir contido