TITORÍA 2ºB

ENCONTRO FINAL DE 2º DE PRIMARIA

Ola familias, rapaces e rapazas!

Déixovos nesta entrada un arquivo coa data e hora nas que nos vamos encontrar na aula para entregar e recoller cousas e tamén para desexarnos un bo verán.

Non confundades este encontro coa reunión de terceiro, intentamos que non vos coincidan datas nin horarios.

Marta

Titoría 2ºB semana do 8 ao 12 de xuño

Ola familias, rapaces e rapazas!

Déixovos aquí o traballo correspondente a esta semana, xa son as últimas tarefas deste excepcional curso e as estades facendo moi ben. Ademais, infórmovos de que un día da semana do 15-19 de xuño viredes ao cole por grupiños pequenos para recoller as vosas cousas, devolver os libros da biblioteca e poder vernos e despedirnos. Xa vos convocaremos.

Estamos desexando que cheguen eses días para vervos!

O profesorado de 2ºB

Titoría 2ºB semana do 1 ao 5 de xuño

Estimadas familias,

déixovos os traballos propostos para esta 1ª semana de xuño para o alumnado de 2ºB.

Xa vai quedando menos para rematar este estraño curso, pero aínda que viñera o sol e a calor, non estamos de vacacións!

Por iso vos pedimos un último esforzo e moito ánimo!

 

O profesorado de 2ºB

Titoría 2ºB semana do 25 ao 29 de maio

Estimadas familias:

Déixovos as tarefas propostas para esta semana para a titoría de 2ºB.

Esperamos vos sexan levadeiras agora que xa entramos na fase 2 e poderemos ter un pouquiño máis de liberdade.

Moito ánimo a eses campións e campioas que o están facendo xenial!

O profesorado de 2ºB

Titoría 2ºB semana do 18 ao 22 de maio

Ola, familias!

Déixovos 6 enlaces adxuntos co traballo desta semana. Moito ánimo a todos e a seguir esforzándovos!

Un biquiño!

O profesorado de 2º de primaria

Titoría 2ºB semana do 11 ao 15 de maio

Boas, rapazada e familias!

Iniciamos unha semana moi importante, pois o domingo será o Día das Letras Galegas!

Como xa notaredes, en moitos dos traballos desta semana quixemos recordar ao autor homenaxeado este ano: Ricardo Carvalho Calero.

Ademais, no blog da BIBLIOTECA e no blog ENREDEMOS atoparedes moitas actividades, vídeos e cousiñas interesantes. Non volo perdades!

Esperamos que pasedes unha boa semana e non vos esquezades de falar en galego.

Coidádevos moito e aproveitade a fase 1 para xuntarvos cos amigos e familia, sempre con responsabilidade!

Titoría 2ºB (4 - 8 maio)

Ola rapaces, rapazas e familias de 2ºB!

Deixámosvos aquí o traballo da primeira semana de maio preparado por todo o profesorado que imparte clase en 2ºB.

Ademais, neste enlace podedes ver os vídeos que montamos con todo o material que nos enviastes. Quedaron xenial!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/260

Coidádevos moito e nos vos esquezades de cumprir as normas para saír á rúa. Veña, que entre todos o conseguiremos!!!

Unha aperta!

Titoría 2ºB semana do 27 ao 30 de abril

Ola rapaces, rapazas e familias de 2ºB!

Deixámosvos aquí o traballo da semana. Ánimo que o estades facendo moi ben!

Ao profesorado tamén nos é difícil esta situación e falando entre nós, chegamos a conclusión de que queriamos achegarvos as tarefas dun xeito máis doado para que non vos perderades buscando polo blog. Entón, a partires de agora, cada titoría colga na mesma entrada todas as tarefas recomendadas para a semana, tanto as dos especialistas como as da titora.

Tamén puxemos un enlace na web do cole que leva a todas as entradas da TITORÍA 2ºB

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/244

Seguimos en contacto e a pola segunda fase do confinamento, xa podedes saír a pasear un chisco.

Unha aperta!

EDUCACIÓN FÍSICA (20-24 abril)

Ola rapaces-as para comezar con bo pé esta segunda semana nada mellor que un pouco de actividade para manternos en forma. Déixovos un arquivo adxunto coas propostas e tamén o meu enderezo electrónico ( gorettic@edu.xunta.es) por si queredes enviarme algún comentario ou suxestión.

Ánimo, xuntos e activos na casa o conseguiremos.

EDUCACIÓN FÍSICA (13-17 abril)

Ola rapaces-as e familias, que tal esas vacacións. Xa sei que este ano foron un tanto diferentes pero non vos preocupedes que seguro que as próximas ides disfrutalas como nunca. Pero agora toca volver e imos a poñernos mans á obra, no noso caso non só coas mans sénon con todo o corpo. No arquivo déixovos a proposta para os seguintes días e a darlle duro que hai que eliminar ese ricos doces que mirei por aí que estivéchedes cociñando. Lembrar que hai un nivel para principiantes e outro máis avanzado.

Un bico en movemento para os meus lambóns-as.

Distribuir contido