NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
Hai unha canción de PACO NOGUEIRASque nos di “EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, e celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!! POR SUPOSTO!!!
A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO. QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora 3D!!!
As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:
Primeiro, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.
Para iso empregamos os seguintes materiais:
· 2 ovos
· 6 culleradas de sal
· Auga da billa
· 2 vasos
· 1 culler
O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:
Botamos auga da billa en dous vasos. Logo, nun deles, engadimos seis culleradas de sal. A continuación, introducimos un ovo en cada vaso e agardamos uns minutos observando con moita atención.
Pasado ese tempo, puidemos constatar que o ovo que meteramos na auga salgada subira á superficie; mentres que o outro, ficara pousado no fondo do vaso. Parecía maxia, pero era ciencia!!!
Entón, as profes explicáronnos que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Que interesante!!!!
Por u outra banda, convertemos un ovo nunha bóla que saltaba!!!
Tivemos que ter un pouco de paciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.
O que fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.
Os materiais que empregamos foron:
· 1 vaso
· 1 ovo
· Vinagre
Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!
Despois de varios días de espera, descubrimos que se volvera branda e parecía que o interior do ovo se inchara. A verdade é que daba un pouco de noxo.
Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!
ENCANTOUNOS!!!
QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS!!!