DESCUBRIMOS OS MISTERIOS DA METEOROLOXÍA

Este curso aprendemos a traballar no eido da METEOROLOXÍA!

Durante unha semana tomamos nota das temperaturas, a presión atmosférica, a humidade, as precipitacións...

Fixémolo por partida dobre, en dúas épocas diferentes: entre xaneiro e febreiro e entre maio e xuño.

A primeira hora da mañá, antes de subir a clase, iamos á caseta meteorolóxica e tomabamos nota das medicións e, inmediatamente, nos dirixiamos ao PANEL DAS METEOESCOLAS que temos no corredor do BIBLIOCASTELO, para rexistrar a información.

Nas primeiras semanas de febreiro, cando chegou a primeira quenda, puxémonos mans á obra!! E para facelo, foi necesario aprender varios conceptos que para nós eran novos.

·       TEMPERATURAS: 

o   MÁXIMA

o   MÍNIMA

·       PRESIÓN ATMOSFÉRICA

·       HUMIDADE

·       PRECIPITACIÓNS

ENCÁNTANOS ESTA TAREFA!!!

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, repetimos experiencia e volveu suceder algo parecido á ocasión anterior.

A finais de xaneiro e nos primeiros días de febreiro, as temperaturas foron moi altas para a época do ano e non choveu nin unha pinga.

Polo contrario, cando lles tocou axs compañeirxs de 1º B facer as súas medicións, as precipitacións foron moi abundantes; tanto, que houbo algún deses días nos que non puidemos saír a medir porque chovía moitísimo.

Encántanos esta actividade e sérvenos para reflexionar sobre o terrible problema do cambio climático.

Como ademais nos coincidiu coa celebración do DÍA MUNDIAL DA AUGA o día 22 DE MARZO e o DÍA MUNDIAL DO PLANETA, O 22 DE ABRIL, vimos varias curtametraxes na aula, LEMOS O CONTO DA “BALLENA LLENA” e gravamos na radio escolar un fermoso poema que compuxo a profe María Martínez para reflexionar sobre temas como o uso dos plásticos, a contaminación, o consumo de auga, a reciclaxe...

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, levamos a cabo a derradeira quenda deste curso e fixádevos que curioso; outra vez sucedeu que nos últimos días choveu máis que na semana anterior, igual que nas outras dúas ocasións!!

Temos que coidar o planeta e cumprir cos 3 R, reducir o consumo de plásticos, reutilizar e reciclar!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO