CURSO 1ºA 1ºB

2º trimestre - 2ºA

Algunhas das actividades realizadas no 2º trimestre

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro, para celebrar o día da paz, os rapaces e rapazas de 2º cantamos a canción "O VELEIRO VERDE" de María fumaça que trata sobre o tema da educación ambiental, e máis particularmente o coidado dos mares. Tamén realizamos un veleiro verde coa técnica do origami. Pasáronno moi ben! 

Premede na imaxe para ver o vídeo e comprobar o ben que o fixeron.

paz

O TEMPO 2ºB

O alumnado de 2º B visitou, durante unha semana do mes de decembro, a caseta meteorolóxica para recoller os datos climatolóxicos de cada día. Foi una experiencia moi interesante!

O Tempo na semana do 10 ao 16 de decembro

O curso de 2ºA fomos os encargados na semana do 10 ao 16 de decembro de recoller os datos do tempo. Por mor da abundante choiva e do temporal, so puidemos saír un par de veces a recoller os datos ata a caseta. Esperamos poder disfrutar mellor desta experiencia a próxima vez que nos toque.

DÍA DA INFANCIA

O pasado xoves 20 de novembro, celebramos o día dos nenos e das nenas.

Estas son as nosas creacións.

SAMAÍN

O alumnado de segundo celebramos o Samaín escribindo unha adiviña e debuxando personaxes de medo da nosa cultura galega.

Tamén nos disfrazamos e realizamos outras actividades relacionadas co tema.

Pasámolo de MEEEDOOO!!

Día das Bibliotecas Escolares

Os rapaces e rapazas de 2ºB  fomos á biblioteca a cantarlle a canción de "Parabéns para ti" a Papirus o venres 23 de outubro, día das Bibliotecas Escolares. Aquí tedes o vídeo!

PARABÉNS PAPIRUS!!

O venres 23 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares. Tamén foi o aniversario de Papirus, a mascota da nosa biblioteca e fomos a cantarlle a canción "Parabéns para ti". 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 2º DE PRIMARIA

Boas trdes familias!

Deixamos aquí a información que estivemos compartindo con vós no centro hoxe pola mañá.

Grazas pola atención! Premede na imaxe para ver a presentación.

 

Distribuir contido