CURSO 1ºA 1ºB

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2023

Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.

Agardamos que vos guste!!!

 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO!!!

FESTIVAL DE FIN DECURSO!!!

Hoxe foi un día realmente feliz!!! Fixemos un festival de fin de curso para as nosa familias no ximnasio do cole.

A verdade é que estabamos moi nerviosxs despois de ías de duros ensaios; pero, finalmente, pagou a pena o esforzo, porque todo saíu a pedir de boca!!!

Cantamos, bailamos, fixemos representacións teatrais e un pequeno recital de poesía. A través da música e da literatura, fomos facendo un pequeno percorrido polo que foron estes dous anos no “cole dos maiores” do que xa formamos parte e no que nos sentimos totalmente integradxs.

Tamén invitamos axs compis de primeiro a gozar con nós deste momento tan especial.

Cando rematamos, corremos a darlles bicos e apertas as nosas familias, que nos aplaudiron  con toda e se sentiron igual de felices ca nós. FOI FANTÁSTICO!!!

Queremos darlles as grazas as profes Goretti,  Pilar e Lina que nos axudaron un montón nos ensaios; así como a Ramón e ao profe José Ángel, que nos axudaron nas cuestións técnicas e na preparación do ximnasio. Grazzasa a todxs!! A súa colaboración foi imprescindible para que todo saíse así de ben!!!

FOI UNDÍAXENIAL!!!

SENTÍMONOSMOI FELICES!!!

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

ENCÁNTANOS A METEOROLOXÍA!!

VOLVEMOS SER METEORÓLOGXS!!!

Este curso volvemos traballar no eido da METEOROLOXÍA! Tocounos volver investigar o tempo atmosférico e tomar nota das temperaturas, a presión atmosférica, a humidade, as precipitacións...

E, como xa estamos en 2º, este curso fixémolo por partida triple, en tres épocas diferentes: en decembro, en abril e entre maio e xuño.

En canto entrabamos na escola a primeira hora da mañá, iamos á caseta meteorolóxica e tomabamos nota dos datos das medicións e, inmediatamente, nos dirixiamos ao PANEL DAS METEOESCOLAS que temos no corredor do BIBLIOCASTELO, para rexistrar a información.

Nas primeiras semanas de decembro, cando chegou a primeira quenda, puxémonos mans á obra!! E para facelo, volvemos repasar conceptos.

·       TEMPERATURAS: mídeas o termómetro en graos centígrados.

o   MÁXIMA: a máis alta. Acádase a iso do mediodía. Como visitamos a caseta meteorolóxica a primeira hora da mañá, temos que apuntala no rexistro do día anterior!!!

o   MÍNIMA: a máis baixa. Prodúcese de madrugada. Esta si que a anotamos no día presente!!!

 

·       PRESIÓN ATMOSFÉRICA: que é a forza que exerce o aire sobre a superficie da Terra. Rexístrase no barómetro e mídese en milibares.

·       HUMIDADE: rexístraa o higrómetro e mídese en porcentaxes; por exemplo, o 70%.

·       PRECIPITACIÓNS: recóllense no pluviómetro e medímolas en mililitros.

ENCÁNTANOS ESTA TAREFA!!!

Durante a última quincena de abril repetimos experiencia e resulta curiosísimo destacar que en ambas ocasións se deron circunstancias meteorolóxicas totalmente distintas na primeira semana de medicións que na segunda.

Na primeira parte da quincena de decembro e na primeira na de abril, as temperaturas foron estrañamente altas para a época do ano e non choveu nin unha pinga. Porén, tanto na segunda semana de decembro como na última de abril, as precipitacións foron abundantes (sobre todo entre os días 12 e 16 de decembro; tanto, que houbo algún deses días nos que non puidemos saír a medir a primeira hora porque chovía moitísimo).

Encántanos esta actividade e sérvenos para reflexionar sobre o terrible problema do cambio climático. É NECESARIO QUE TODXS TOMEMOS MOI EN SERIO QUE O PLANETA ESTÁ EN PERIGO E É RESPONSABILIDADE DE TODXS BUSCAR SOLUCIÓNS PARA COIDALO.

Como ademais nos coincidiu coa celebración do DÍA MUNDIAL DO PLANETA o día 22 de abril vimos varias curtametraxes na aula para reflexionar sobre temas relacionados con isto como o consumo de auga, a contaminación, o aforro enerxético, o uso dos plásticos...

Entre a última semana de maio e a primeira de xuño, levamos a cabo a derradeira quenda deste curso e fixádevos que curioso; outra vez sucedeu que nos últimos días choveu máis que na semana anterior, igual que nas outras dúas ocasións!!

ALGO ESTRAÑO ESTÁ A SUCEDER COA CLIMATOLOXÍA E É SÍNTOMA DO QUE LLE  ACONTECE AO PLANETA.

NON PODEMOS ELUDIR QUE O SEU COIDADO É COUSA DE TODXS!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

E POR FIN CHEGOU O DÍA DA EXCURSIÓN

Ao día seguinte do Correlingua, volvémonos meter nun autobús, pero, esta vez, para culminar o noso proxecto sobre apicultura e coñecer as colmeas que SANDRA e MARCOS teñen NO NIÑO DO CORVO, NO CONCELLO DO ROSAL.

Saímos a primeira hora porque nos agardaba unha hora de autobús. Ao chegar, Sandra e mais Marcos xa nos estaban agardando na súa camioneta con traxes de apicultor/a para todxs. Bueno... foi unha risa, porque a algúns quedábannos enormes!!!

Moi preto de onde nos agardaban, nun craro do bosque, tiñan unha chea de colmeas. Colocámonos por detrás dunha ringleira delas e pouco a pouco, Marcos foinos explicando unha morea de curiosidades interesantísimas  sobre as abellas e a apicultura. Resultaba emocionante poder  ver ao natural aquilo que estiveramos investigando na clase. Bueno, emocionante e tamén un pouco inquietante porque comezaron a saír unha chea de abellas da colmea e a pousársenos no traxe e... en fin.. un pouco de mediño si que daba, eh... Pero, se non nos moviamos, elas regresaban por onde se achegaran sen causarnos dano algún! Comprobado!!

Despois, volvemos subir ao autobús para dirixirnos á tenda na que venden o mel e os produtos apícolas que recollen das súas colmeas. Alí, tíñannos preparada unha degustación de mel de diferentes tipos; MESMO HABÍA MEL DE CHOCOLATE!!! ESTABA BOÍSIMO...!!! PUXÉMONOS AS BOTAS...!!! Aproveitamos para mercar mel, veliñas de cera, caramelos e algunha larpeirada máis. SANDRA E MARCOS FORON MOI AMABLES E PACIENTES CON NÓS, rebaixaronnos o prezo dunha chea de produtos e acabaron por regalarnos unha floriñas feitas con cera moi lindas!!! MOITAS GRAZA AS DOUS!!!

Logo, montamos novamente no bus para ir a un parque chulísimo, chamado PARQUE DE PÍAS onde iamos comer e xogar toda a tarde. O malo foi que a iso das catro, cando estabamos no mellor da xornada, gozando dos bambáns, a pista de fútbol, a tirolina... e un rico xeado que mercamos no chiringuito, comezou a chover con toda e sen previo aviso, de maneira que mentres corriamos cara ao autobús, que estaba alí mesmo aparcado, mollámonos coma pitos!!! Menos mal que tiñamos unha muda de roupa na mochila e puidemos cambiarnos.

A treboada non cesou e non tivemos máis remedio que emprender camiño de regreso unha hora antes do previsto!! Aínda así, resultou unha aventura do máis emocionante e podemos dicir que o pasamos “LA MAR DE BEN!!”

NON QUEREMOS REMATAR SEN DARLLE AS GRAZAS Á PROFE GORETTI, QUE CAMBIOU UNHA CITA MÉDICA QUE TIÑA PARA PODER ACOMPAÑARNOS. QUERÉMOSTE, PROFE GORE!!

Premede na imaxe para ver as fotos:

VISITAMOS A PRAZA DE ABASTOS

TAMÉN CELEBRAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA

VISITANDO A PRAZA DE ABASTOS DE BUEU

 

Outra das actividades que fixemos coa para celebrar a chegada da primavera consistiu en saír da escola para coñecer a nosa contorna e completar o aprendido durante o segundo trimestre sobre nosa riqueza natural, o que da Natureza recibimos e a responsabilidade que todxs temos de coidala e protexela.

 

Comezamos as actividades desta nova estación facendo unha interesantísima vista á PRAZA DE ABASTOS, onde as praceiras e os praceiros nos recibiron con moitísima amabilidade e paciencia e nos axudaron a coñecer os produtos riquísimos e fresquísimos que alí podemos mercar para ter unha dieta do máis saudable!

Froitas e verduras variadísimas que aprendemos a diferenciar na FROITARÍA de Mª JESÚS, carnes de coello, de porco, de tenreira e mesmo unha cabeza de vaca!!, na CARNICERÍA DE CHELO; un peixe rarísimo que resultou ser bacallau cortado á metade e salgado que vimos en SALGADURAS PACA; un pan riquísimo que na PANADARÍA OLGA nos convidou a probar a súa dona; unha chea de peixes daquí, da nosa ría, que nos ensinou a distinguir a mamá da nosa compañeira SABELA (ademais, a aquelxs que identificabamos ben cada peixe, agasallounos un parauguiñas de chocolate!!); unha chea de mariscos diferentes que nos amosou ROSANA ou os peixes que Mª JOSÉ e mais CHAPI nos ensinaron en cadanseu posto.

Ao rematar a actividade, recibimos unha caixiña de ceras de cores, un libriño sobre o mercado e un corazón de cartolina ben grande para que debuxásemos o que máis nos gustou.

PASÁMOLO “LA MAR DE BEN”!!!

PREMEDE NA FOTO PARA VER O VÍDEO

RECITAL DE POESÍA RADIOFÓNICO

O 21 de marzo é un día demasiado importante no calendario como para deixalo pasar; así que, decidimos que había que facer algo para festexalo con todxs vós e non podiamos celebrar mellor a chegada da PRIMAVERA e o DÍA DA POESÍA que cun recital radiofónico na VOZ DA PEDRA en homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO e a ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, quen, ademais, pronto visitará o noso BIBLIOCASTELO!

Para preparalo, fixemos unha pequena escolma de poemas da NOSA DAMA DA LINGUA, A NOSA POETA UNIVERSAL, en conmemoración do seu nacemento, o día 23 de febreiro.

Xunto cos de Rosalía, seleccionamos outros de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. Algúns deles, pertencen a un libro seu que lemos este curso: VENTO, VENTIÑO, VENTEIRO e o resto, doutros libros seus que temos na nosa biblio. Ah! E tamén un que atopamos no noso libro de lecturas de Lingua Galega e que a Aldán se lle ocorreu recitar rapeando!

Para todo isto foi imprescindible a axuda da profe Lina, que se encargou de gravarnos e subir os podcast á plataforma IVOOX.

Velaí van as gravacións! Desexamos que vos gusten!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

MOITÍSIMAS GRAZAS, LINA!!! SEN TI NON O CONSEGUIRIAMOS!!!

VIAXAMOS A VIGO E VISITAMOS NATURNOVA E O PARQUE DO CASTRO

O XOVES, 16 DE MARZO, VISITAMOS NATURNOVA E O CASTRO DE VIGO

Este xoves fomos a Vigo para facer en NATRUNOVA unha actividade chulísima relacionada con algúns contidos que traballamos na clase de ciencias, como os estados da auga, a biodiversidadedas nosas costas, a contaminacióndos ríos e os mares; así como  a importancia de separar e reciclar o lixo para evitar esa contaminación.

Primeiro, mergullámonos nas augas da ría de Vigo a bordo dun batiscafo moi especial no que, coa axuda duns lentes de visión 3D,  puidemos observar diferentes especies animais e vexetais que habitan os fondos mariños do litoral vigués. Foi alucinante!!

Noutra sala do museo, amosáronnos as consecuencias dos diferentes tipos de contaminación que existen e, na cara oposta, uns experimentos que demostraban como funcionan as enerxías renovables; concretamente, a solar e a eólica.

Ademais, tamén tivemos oportunidade de acceder a outra sala na que descubrir curiosidades sobre os planetas do Sistema Solar.

Ao saír do museo, o autobús levounos ata o Parque do Castro. Por certo, ao subir, vimos moi de preto a ESTATUA DOS CABALOS da PRAZA DE ESPAÑA que aparecía no LIBRO DAS GATIÑAS VIAXEIRAS!!!

Unha vez no Castro, entramos na zona fortificada e desde un dos seus miradoiros, ademais das ILLAS CÍES, albiscamos, na parte baixa do parque, os restos do castro celta que construíron os antigos castrexos e  sobre o cal se asenta a cidade de VIGO.

Logo de merendar, a chuvia deixounos un anaquiño de respiro para gozar dos bambáns que había  dentro do recinto!! Non nos deu tempo a moito, pero pasámolo XENIAL!!!

A maiores das nosas titoras, Clara e Macu, tamén nos acompañou a profe Goretti!! Encántanos a súa compañía!!! Foi unha mañá estupenda!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 

APRENDEMOS NOVAS CURIOSIDADES SOBRE O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

APRENDEMOS MÁIS CURIOSIDADES

DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Onte recibimos unha vista moi interesante e agradable. Viñeron ao cole Ana e Suso, biólogos e guías do PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Igual que nos sucedera cando estabamos en 1º, encantounos a actividade. Explicáronnos que illas forman o Parque Nacional Das Illas Atlánticas; exactamente, o arquipélagos das Illas Cíes, o arquipélago das Illas Ons, a Illa de Sálvora e a de Cortegada todas elas moi diferentes entre si.

Tamén nos falaron dalgunhas das especies animais e vexetais que teñen alí o seu hábitat.

Martiño, o corvo mariño, constrúe o seu niño nos cantís; mentres que as cobras e outros réptiles prefiren camuflarse nas matogueiras de toxos e os caracois de duna prefiren facelo na area da praia.

Aqueles que viven todo tempo no mar, como as algas; os peixes como o rodaballo, o linguado e a raia; os crustáceos como as centolas e os caranguexos; os equinodermos como os ourizos... escollen zonas distintas para acubillarse. Uns prefiren a area e outros, as rochas.

Despois da charla explicativa, fixemos un xogo moi divertido para comprobar o que aprenderamos. Tiñamos que pescar algunhas destas especies e colocalas na parte do mural correspondente ao seu fogar.

Para rematar, lembráronnos que debemos ser moi coidadosxs e poñer moita atención cando camiñemos por entornas naturais. Se nos fixamos ben, poderemos descubrir o “rastro de animais” que habitan o lugar. Para demostrárnolo, trouxeron algúns que atoparon nas illas. Resultou do máis sorprendente!!! Amosáronnos plumas de gaivota, os restos dun ovo de raia, o dente dun ourizo de mar e, o máis alucinante, a “camisa” dunha cobra!!!

Lembráronnos tamén o importante que é coidar a Natureza porque é o noso fogar e mais o de todos estes seres vivos. DEBEMOS GARDALA COMO UN TESOURO, CON TODO O MIMO POSIBLE!!!

REMATAMOS A SESIÓN CUN APLAUSO ENTUSIASTA!!!

MOITAS GRAZAS, ANA E SUSO!!!

ENCÁNTANOS TODO O QUE NOS ENSINADES!!

AGARDÁMOSVOS O CURSO VINDEIRO!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

 

 

 

MENUDO ENTROIDO!!

MENUDO ENTROIDO!!!

Este venres puxemos o peche a un Entroido como había ben de tempo que non podiamos celebrar!!!

Unha semaniña enteira de “MANDADIÑOS” nos que cada mañá nos erguiamos ansiosxs por chegar ao cole para escachar coa risa ao ver as pintas que levabamos!!! ( con algo na cabeza, cun zapato de cada clase, en pixama... UNHA RISOTADA CADA DÍA!!!!)

Logo, o venres, saímos desde o patio do cole grande nunha ringleira multicolor na que cada clase ocupaba o seu posto. Iamos disfrazadxs de xogos do máis diverso!! De Tres en Raia, de Parchís,  de Pokémon, de Comecocos, de Mario karts, de Xadrez...

Cando chegamos ao cole de Infantil, agardábanos xa preparadiñxs as profes e xs compism vestidos de PEZAS de Dominó; estban chulísimxs!!! As profes do cole de INFANTIL organizárannos unha superfesta no patio onde tanto temos xogado anos atrás!! Estaba precioso!!! Con imaxes dos disfraces que levabamos en cada curso, con música a tope e mesmo cunha máquina de facer pompas!!!! FOI FANTÁSTICO!!! MOITÍSIMAS GRAZAS, PROFES DO NOSO COLE DE INFANTIL!!! Alí desfilamos, bailamos e cantamos diante da mirada espectante das nosas familias.

Para rematar, a comparsa OS MULOS, composta por algún que outro dos nosos avós, cantáronnos algunhas das súas coplas máis famosas. Con eles compartimos  “FALEMOS GALEGO”, que nós aprenderamos na clase uns días antes; ENCANTOUNOS!!!

Ao rematar, volvemos ás aulas para gozar dunha riquísima merenda a base de larpeiradas de Entroido!!!

Tras varios días de vacacións, este venres, despois do recreo, fixemos outra festa no patio do maiores do cole de Primaria no que cadaquén levaba  o disfrace que lle petaba.

Xuntxs bailamos, corremos e saltamos a pracer!!

FOI UNENTROIDO DETRACA!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

Distribuir contido