CURSO 4ºA 4ºB

VISITA DO HISTORIADOR E MESTRE, ARTURO: AS LENDAS DE BUEU

O pasado martes, o alumnado de terceiro tivemos a sorte de recibir a visita de Arturo Sámchez Cidrás. Cando era mestre no noso cole, fixo co seu alumnado un traballo de investigación sobre as lendas de Bueu, que quedaron recollidas na revista o Candil.

Este proxecto serviulle a Arturo como punto de partida para facer as súas propias pesquisas e converterse en un auténtico erudito do tema.

Como bo mestre, foi capaz de espertar a nosa curiosidade e manter a  nosa atención ao falarnos de lendas tan abraiantes como o da COVA DA LONTRA, A ROCHA FENDIDA, AS TRES COVAS DO LIBOREIRO, A FONTE DOS TRONOS, A MOURA, O BURATO DO INFERNO, O CALAMAR XIGANTE, O PASTOR E A SERPE, ...

Arturo é un auténtico historiador, especializado en todosos temas que teñen que ver coa nosa vila. Se queredes saber máis sobre este tema ou sobre calquera outro que estea relacionado co Bueu clicade na seguinte imaxe;

 MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN 3º A

O alumnado de terceiro A estivemos im¡nmersos nun proxecto sobre animais durante este terceiro trimestre do curso. 

Gustounos moitísimo todo pero o que máis nos ilusionou foi facer presentacións dixitais, tipo power point, cos traballos de investigación que fixemos sobre animais en perigo de extinción. 

A continuación podedes ver as presentacións que quedan incluídas dentro do proxecto de ODS.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

TRANSPLANTAMOS AS LEITUGAS

Este mércores, 26 de maio, o alumnado de terceiro, transplantamos por fin as leitugas que xa sementaramos a finais de marzo.

Estabamos moi ilusionadxs coas nosas macetas, que previamente decoramos. A terra empregada está composta por un terzo da recollida nos arredores do cole, outro terzo polo compost que facemos no noso composteiro e outra terceira  por terra vexetal, doada polo Julian, pai de Iker, alumno de 3ºA. GRAZAS

Queremos  darlle as grazas a Ramón, que unha vez máis, ensinounos como facelo, amosando unha paciencia infinita.

No seguinte vídeo poderedes ver as ensinanzas do noso conxerse e unha galería de fotos.

 

XELA A RIAS NA VOZ DA PEDRA

O alumnado terceiro homenaxea a Xela Arias, utilizando as instalacións da emisora A voz da Pedra, recitando este fermoso poema, que a escritora compuxo para o seu fillo.

 

COPLAS DOS MAIOS NA VOZ DA PEDRA

FESTA DOS MAIOS

Este ano tan atípico, no que non pudemos facer ningunha excursión, agradecemos moitísimos que celebrásemos a festa dos Maios.

Pasamos momentos moi divertidos. Primeiro en familia, indo buscar xesta, fiúncho e flores para confeccionar o noso Maio, tamén facendo colares en casa. Pero o mellor de todo foi traballar todxs xuntxs no patio do cole. 

Mirade a galería de fotos no seguinte vídeo:

 

Nas clases creamos as coplas de xeito cooperativo e despois as cantamos rodeando o noso Maio: 

 COPLA DE 3ºB

COPLA DE 3ºA

O ano que vén repetimos!

DÍA DO LIBRO 2021 RADIOFÓNICO

Este ano, o alumnado de terceiro, celbramos o día do libro dun xeito moi orixinal.

GRAVAMOS RECOMENDACIÓNS DE LIBROS NA NOSA EMISORA DE RADIO "A VOZ DA PEDRA"

Empezamos a semana elaborando unhas fichas de expresión escrita onde falabamos dos nosos libros favoritos: de que trataban, por que o eliximos, anécdotas realacionadas coa súa lectura, ou seleccionado relatos ou poemas que máis nos gustaron.

Posteriormente xs valentes que nos presentamos voluntarixs, o gravamos con formato de entrevista. 

 

DÍA DA TERRA 2021

Para conmerar o día da Terra e ademais poder unilo co día do libro, o equipo do bibliocastelo propúxonos facer un marcapáxinas.

Pola parte traseira decorámolo con ilustracións relativas ao noso amor polo planeta e con chamadas de atención á contaminación.

O alumnado de terceiro realizou recentemente un proxecto sobre as plantas, que tiña como principal obxectivo coñececer a importancia que teñen os vexetais no noso planeta. Intentamos, na medida doposible relacionar o noso proxecto cos ODS.

Tanto o proxecto de meteoroloxía como este de plantas espertaron as nosas conciencias e estámonos convertendo en activistas en defensa do Planeta.

Recollemos distintas plantas para estudalas e con elas fixemos un mural. Posteriormente plantamos unhas leitugas e uns mirasois grazas a inestimable conserxe, Ramón. Moitísimas grazas.

Pensamos que a conmemoración do DÍA DA TERRA, é un bo momento para publicar imaxes dos bos momentos que vivimos durante este proxecto.

 

Cando as nosas leitugas estean suficientemente grandes, transplantaremolas e cando poidamos paparémolas! Estade atentxs porque o publicaremos nestas páxinas!!!

DÍGOCHO EU METEOROLÓXICO

O alumnado de terceiro de primaria puxemos o noso gran de area ao proxecto de Dinamización Lingüística elaborando un vídeo, formato DÍGOCHO EU.  Serviu, ademais, de broche de ouro para pechar o noso proxecto de meteoroloxía.

Ten a particularidade de que incluímos palabras de Bueu o do Morrazo, que lonxe de reixetalas, valoramos e que moitas delas están recollidas pola Real Academia da Lingua Galega.

 

Distribuir contido