CURSO 5ºA 5ºB

Non hai fronteiras!!

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da paz. Ademais de ler os manifestos de cada clase e cantar todos e todas xuntos, ofi mío emocionante porque coñecemos a Olalla, das Tanxugueiras. 
Olalla, garzas por ser tan riquiña con nós!

 

Charla Acoso escolar

Hoxe veu ao noso cole a Guardia Civil, que nos explicou que é o Acoso. Falamos tamén do importante que é o papel dos espectadores para rematar co Bullying.

  

Desfrutamos moito no Primeiro Trimestre!

Os primeros meses de 5º traballamos e aprendemos mocito, pero, sobre todo, desfrutamos: proxectos, Contacontos na biblioteca,saídas, actividades entre as dúsalo clases... Agora , comezamos co segundo trimestre. A por todas!

 

 

!

FESTIVAL DE NADAL 2023

Aquí tendes o Festival de Nadal celebrado nos últimos días de clase. Despois do traballo musical de todo o trimestre, este foi o resultado final. Grazas á profe Elsa pola organización, e ás demais persoas que participaron.

Agardamos que vos guste!!!

 

 

OBSERVANDO O TEMPO

Durante esta semana, o alumnado de 5º observamos o tempo na caseta meteorolóxica e realizamos medicións de temperatura e precipitacións. Encántanos atopar auga no pluviómetro!

SEXTO GAÑAMOS O 1º PREMIO DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

O luns 8 de maio gozamos do noso premio, unha visita á Illa de Ons, cunha viaxe en barco e unha interesantísisma camiñata guiada de 2 km por parte dos guías do  Parque Nacional.

 

 

 

 

 FOI UN DÍA XENIAL!!

 

 

Actividades interesantes que levamos realizando ao longo do curso en 6º

Antes do Nadal a Asociación Érguete deunos unhas charlas sobre as condutas aditivas ás substancias tóxicas e durante o mes de maio serán sobre as adicións ás novas tecnoloxías.

O 8 de novembro recibimos, nas aulas de 6º, a membros do equipo

directivo do Xoán Carballeira que nos deron unha charla sobre como funciona o Instituto.

O 9 de novembro celebramos o Magosto e o 8 de novembro visitamos o Clube de Remo con Goretti, a profe de Educación Física, e probamos as diferentes actividades que alí se realizan.

O 23 de novembro, Pedro Meira Rodríguez, arquitecto e gañador, xunto co seu equipo de máster, da Novena edición do Premio Playstation, co xogo Balam (Bounce Hell, un orixinal título de estilo bullet hell, acadou facerse co galardón ao Mellor Xogo do Ano) deunos unha interesantísima charla sobre como se crean os videoxogos.

O 1 de decembro realizamos unha divertida actividade de Igualdade de Xénero proposta polo CIM.

O 21 de decembro tivemos un interesante obradoiro sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas no que se falou do cormorán e de diferentes especies acuáticas e terrestres das Illas.

Aprendemos tamén a facer un “Bocata Saudable” empregando alimentos enlatados.

O 23 de xaneiro realizamos unha visita ao Instituto Xoán Carballeira onde fomos moi ben recibidos por membros do profesorado, equipo directivo e antigos alumnos que nos ensinaron o centro en pequenos grupos.

O 7 de febreiro, Mariña, Ofelia, Carmen Castro e Noa fixeron unha lectura e interpretación do conto “un máis” á rapazada de 4 e 5 anos de Infantil.

O 13 de febreiro fomos, de público en directo, a un programa de

radio da Cadea Ser no Instituto Xoán Carballeira e gañamos unhas

empanadas que os nenos e nenas saborearon nun recreo.

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido cos traxes

realizados no cole. Fomos de pezas de Xadrez.

O 6 de marzo coñecemos e practicamos Gospel da man de Diana que nos ensinou a facer quecementos coa voz e despois divertímonos moito cantando. Moitas grazas!!

Practicamos os xogos polo Día 8 de marzo, o día 10 de marzo, “Xogos pola Igualdade” organizados polo Concello en colaboración coa Asociación Juan XXIII.

E este trimestre xa vén rebosante doutras moitas e

interesantes actividades!!

Un saúdo que axiña continuamos!

REXISTRAMOS O TEMPO METEOROLÓXICO NO COLE

Durante dúas semanas, dende o vinte de febreiro ata o tres de marzo, o alumnado de 6º de Primaria rexistramos as temperaturas e precipitacións que observamos na caseta meteorolóxica.

Nestas semanas recollemos recortes de xornal coas fases da lúa e a porcentaxe (que traballaremos en Matemáticas) da súa visibilidade na noite anterior.

Lembrade, tamén, que xa podemos poñerlle as trampas ás velutinas como o ano pasado.

Agora pasámoslle a testemuña a 5º.

Ata a próxima!

VIVIMOS A PREHISTORIA

Ao principio de curso aproveitamos para facer un repaso da Prehistoria e tivemos a gran sorte de contar con dúas charlas de excepción e unha excursión a Campo Lameiro.

Na primeira charla, Ramón dounos unha explicación sobre “petroglifos”. Tamén nos contou como Martín e máis el reproduciron algúns deles no noso patio do colexio.

 Grazas Ramón por dedicarnos o teu tempo!

 Na segunda charla, contamos con Ángel Vieites Rúa, estudante de Historia pola Universidade de Vigo en Ourense e que foi alumno deste cole, para falarnos dos “estereotipos sobre a muller na Prehistoria”.

 Moitas grazas Ángel, continúa así e moito ánimo!

Para rematar, fixemos unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro onde aprendemos como rexistrar os petroglifos.


Distribuir contido