En galego!
SAMAÍN 2.024
Enviado por Marga o 7 Novembro 2024 - 8:03pm
Chegou a celebración do Samaín ao colexio cunha chea de actividades terroríficas : A PALABRA QUE METE MÁIS MEDO: As palabras máis repetidas nesta actividade foron: morte, morcego, meiga, pantasma, santa compaña, arrepío, cadaleito, cemiterio... Preme na imaxe para ver un video con todas as palabras:
|
EXPOSICIÓN DE CABAZAS: Preme na imaxe para ver un video con todas as nosas cabazas do Samaín: |
MERENDAS TERRORÍFICAS: Compartimos as nosas merendas de medo cos nosos compañeir@s:
|
CONTOS DE MEDO: Na sesión de lectura o alumnado de sexto de primaria foi o encargado de ler os contos de medo.
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2.024
Enviado por Marga o 20 Maio 2024 - 8:20pm
Este ano o día das Letras Galegas 2.024 está adicado a escritora coruñesa Luisa Villalta, e neste mural creado polos alumn@s de 6º de Ed.Infantil destacan as dúas paixóns de Luísa: a música e as letras. Preme no mural para coñecer máis cousas sobre a autora homenaxeada este ano. Para coñecer a vida e obra de Luísa Villalta traballouse nas aulas con diferentes recursos e o alumnado do colexio participou no Concurso Pasapalabra do colexio. Este ano os gañador@s do concurso foron 8 alumn@s e a clase de Infantil 3 anos. Tamén celebramos o Día das Letras Galegas cun acto onde o alumnado de 6º de primaria falounos da escritora homenaxeada, os gañador@s do concurso pasapalabra recibiron os premios, cantamos tod@s xuntos a canción popular " A saia da Carolina" e rematamos co "Mercadillo de libros usados" que foi todo un éxito.
|
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024
Enviado por Marga o 29 Febreiro 2024 - 9:30pm
O venres 23 de febreiro celebramos no colexio o día de "Rosalía de Castro".O programa foi o seguinte:- Lectura da biografía de "Rosalía de Castro". - Recitado do poema "Miña casiña, meu lar" no que participou o alumnado do Centro. - Música tradicional galega. - Degustación do "Caldo de Gloria" no comedor escolar.
Non deixedes de visitar a entrada sobre Rosalía publicada no blogue da Meiga Tintureira.
|
CALENDARIO 2.024
Enviado por Marga o 28 Xaneiro 2024 - 10:50pm
Comenzamos o ano estreando no colexio o calendario 2.024, elaborado nas aulas de infantil e primaria. |
MAGOSTO 2.023
Enviado por Marga o 27 Novembro 2023 - 9:29pm
Xa estamos no mes de Novembro e agora os soutos están cheos de ourizos e castañas...Con este froito celebramos no colexio a festa do Magosto. No seguinte video tedes unha mostra do día da celebración do Magosto.
|
SAMAÍN 2.023
Enviado por Marga o 7 Novembro 2023 - 9:26pm
O samaín chegou ao colexio cunha morea de actividades terroríficas: cabazas decoradas, merendas monstruosas, disfraces... e "Contos de medo" narrados polos alumn@s de 6º de primaria.
|
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por ElenaValle o 27 Febreiro 2023 - 10:13pm
No centro tivemos obradoiros, concerto con alumnado, familiares e Sabina unha das axudantes da nosa cocina, e baile. E por suposto, un riquísimo "caldo de gloria", no noso comedor. Todo para celebrar o merecido día de Rosalía de Castro.
Aquí vos deixamos algúns videos da festa que tivemos.
|
ENTROIDO 2023
Enviado por Marga o 22 Febreiro 2023 - 10:36pm
O venres 17 de febreiro, celebramos o entroido no colexio. Este ano a temática común para disfrazarnos foi "Érase unha vez...a historia de ler".
|
Samaín
Enviado por Silvana o 30 Outubro 2022 - 7:56pm
SAMAÍN 2022
O venres 28 de outubro o noso colexio encheuse de arañas, morcegos, bruxas, vampiros e pantasmas...! Celebramos o Samaín, esa festa tradicional Celta que conmemora o final das colleitas e marca o final de ano. Pero tamén é a noite na que as portas ao outro mundo se abren e deixan paso ás animas... Nós xa non lle temos medo a nada porque fomos deixándolle todos os nosos temores ao comemedos e el encargouse de zampalos todos! Aí vai unha pequena mostra , desfrutádea.
|
UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NA NOSA SEMANA DE SAMAÍN 2022!!!
Enviado por ElenaValle o 19 Outubro 2022 - 5:05pm
- Nas aulas crearemos monstros, bruxas, pantasmas -Unha caixa máxica preto da e decoraremos as portas, para converter o noso colexio biblioteca, recollerá e desfará nun lugar terrorífico. todos os nosos medos.
- Familias,tedes que decorar xuntos na casa unha cabaza,ou facer un boneco de follato. Ides traelos o colexio o día 25 de outubro. A exposición estará ata o día 28 de outubro,que teredes que recollelas vós, ou levaranas o alumnado para casa.
- Alumnado de 6º de E. Primaria preparará contos de medo, que contarán vestidos para a ocasión,o día 28 de outubro ao resto do alumnado do colexio, nas súas aulas. - Nas aulas, o día 28 de outubro, -O día 28 tamén virán disfrazados degustaremosas merendas incribles para gozar na nosa festa ATERRADORA! e arrepiantes, da nosa casa.
E NO COMEDOR... UN ESPELUZNANTE MENÚ, CUN BREVAXE ARREPIANTE!!!
|