Dia da Paz

CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O mural de centro  transformouse nun “CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ” decorado coas PEGADAS feitas por todos os nenos e nenas do colexio.

 

 

O alumnado de sexto leu un precioso manifesto pola Paz.

 

 

Posteriormente todos xuntos bailamos e cantamos "O Baile da Paz"

 

 

DÍA DA PAZ 2023

Este luns, día 30 de xaneiro, celebramos o Día mundial da Paz e da Non Violencia. Como de costume, fixémolo todos xuntos cantando  e reivindicando a Paz no mundo a través dun fermoso manifesto que leron os nenos e nenas de sexto. Este ano a canción elixida foi “Viva a xente!”

Previamente decoramos as paredes do colexio con dous murais  creados coa palabra PAZ escrita en varios idiomas e texturas.

Ademais, os nenos e nenas visitaron a Biblioteca do centro onde puideron acceder aos libros e contos expostos no recanto dedicado á Paz, e cuxa lectura complementouse con diversas actividades realizadas nas aulas.

 

 

 

Este ano os encargados de dar lectura ao manifesto foron: Efrén, Gabriel, Noelia, Gael, Xoel e Aarón. Parabéns rapaces!

 

DÍA DA PAZ 2021

 

Unha celebración realmente importante: o Día da Paz...Sorriso

No noso cole, os rapaces e rapazas non podían pasar isto por alto e esmeráronse en facer desta data, algo moi especial. Traballaron para elo en adornos cos que decoraron as fiestras, e este foi o resultado. Agardamos que vos goste!!

 

 

Mirade cómo traballan @s nos@s nen@s:

 

 

 

 

E o esforzo, tivo a súa recompensa Guiño:

 

 

 

 

 

Mirastes algunha vez fiestras máis bonitas??SorrisoSorprendido

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E non podiamos rematar unha xornada tan importante sen que os nenos e nenas do cole manifestasen os seus mellores desexos de paz, armonía e felicidade. Ata o próximo curso!!

 

 

 

Preparando o Día da Paz 2021

Presentamos a canción coa que este ano imos celebrar o Dia da Paz.

Con ela imos realizar un baile colectivo que case todos xa coñecedes.

Nos próximos dias publicaremos o baile para que tod@s poidades practicalo desde casa.

 

DÍA DA PAZ

Durante estes días adornamos o noso cole con murais para celebrar o acto do día da Paz como se merece. Que vos parecen?

 

E por fin chegou o día! Houbo cancións e lectura dun manifesto de Paz por parte do alumnado de sexto curso. Aquí tedes unhas imaxes dos momentos máis emotivos que vivimos todos xuntos.

 

 

CELBRACIÓN DÍA DA PAZ 2019

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O noso mural de centro  transformouse nun “Botámonos ao Monte pola Paz” decorado cos adornos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.

No ximnasio, xa que o bo tempo non nos acompañou, os nenos e nenas de 6º curso leron un manifesto pola paz e distintos poemas e citas sobre a Paz.

MANIFESTO POLA PAZ (6º Curso)

Finalmente cantamos todos xuntos tres cancións centradas na Paz, o Amor e a Amizade.

Como as familias nesta ocasión non puidestes asistir deixámosvos este vídeo sobre a celebración do día. Esperamos que vos guste!

 

“Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai (Premio Nobel  da Paz 2014)  

NOVO LIBRO DIXITAL "Imagine"

Con motivo do Día da Paz o alumnado de Sexto de Primaria publicou un libro baseado na canción de John Lennon "Imagine".

Trátase dun libro bilingüe (inglés-galego) que, en formato dixital e tamén físico, estará dispoñible para todos na Biblioteca de Centro.

 

Esperamos que disfrutedes moito coa súa lectura e visionado!

DÍA DA PAZ 2018

Así celebramos o Día da Paz no cole Tintureira!

  MANIFESTO POLA PAZ DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Enlace ao texto

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2018

Con motivo da próxima celebración do día da Paz, imos aprender unha canción do grupo musical Mamá Cabra titulada "Baile da Paz". 

Aquí tendes un vídeo para practicala.

 

Tamén desde a clase de inglés queremos sumarnos a esta celebración interpretando a canción "Light a Candle for Peace"

 

DIA DA PAZ 2017

O luns, día 30 de xaneiro, conmemoramos o día escolar da Non-Violencia e da Paz, fixémolo, como de costume, todos xuntos decorando as paredes do colexio con motivos de Paz, lendo e compartindo un manifesto pola Paz, lembrando a Diego Freiría e cantando e bailando as nosas cancións da Paz.

Manifesto pola paz, alumnado de sexto curso.

 

Cantarela dos nenos, Amiguiños todos!

 Light a candle

ALBUM DE FOTOS

Distribuir contido