Magosto
MAGOSTO 2022
Enviado por Silvana o 20 Novembro 2022 - 11:12pm
O venres 11 de Novembro tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto como se viña facendo fai uns anos no monte de San Miguel de Oia. Os alumn@s de terceiro ata sexto de Primaria subiron camiñando con moito ánimo e coa sorte de gozar dun día espectacular. Os nen@s de infantil, primeiro e segundo subiron en autobús. No monte xuntámonos tod@s; cantamos, xogamos, compartimos e comemos castañas asadas! GRAZAS a Ángel e a Pepe que non dubidou en vir botarnos unha man. Foi un día marabilloso de compartir risas, xogos, cancións e tempo sen presas. |
MAGOSTO 2021
Enviado por Patricia o 18 Novembro 2021 - 9:05pm O venres 12 de Novembro celebramos de novo a festa do Magosto. Este curso non fomos ó monte pero pasámolo igualmente ben!!!! Pero antes de tanta troula houbo traballiño dos nenos maiores e das súas mestras. Fixeron murais tan chulos como os que vos amoso aquí.
Para que todos comésemos as castañas, o día anterior foron a aula de psicomotricidade e menudo traballiño picando. Mirade, mirade,.....
O noso conserxe Manolo e o profe Ángel prepararon no patio as brasas dende ben tempraniño.
Preparamos uns fermosos recipientes para gardar as nosas castañas. Aquí tedes unha pequena mostra.....
E xa non nos quedaba outra que papar, xogar e brincar....
|
MAGOSTO 2020
Enviado por Marga o 22 Novembro 2020 - 8:42pmO NOSO MAGOSTO
Enviado por Chus o 9 Novembro 2019 - 12:23am
Aquí tedes unha recopilación dos momentos vividos hoxe no Magosto do cole. Comemos castañas asadas, pintámonos as caras de negro, xogamos e desfrutamos moitísimo.
|
MAGOSTO 2.018
Enviado por Marga o 27 Novembro 2018 - 9:23pmO MES DE NOVEMBRO É TEMPO DE CASTAÑAS... E PARA CELEBRAR A TRADICIONAL FESTA DO MAGOSTO, O MARTES 14 NO PATIO DO NOSO COLEXIO DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS ASADAS, BAILAMOS E XOGAMOS.
O RAP DO MAGOSTO
Enviado por admin o 25 Outubro 2017 - 12:04pmO RAP DO MAGOSTO
Castaña, castaña,
do chan se apaña,
metida no ourizo
non é unha patraña.
Magosto, magosto,
non vaias co posto,
leva castañas
e alegra ese corpo.
Coidado cos dedos,
pódeste picar,
o castiñeiro protexe
o seu froito vital.
Apañando con tino,
metendo nun cesto,
deixando secar
a castaña ao solleiro.
Castaña, castaña...
Despois de ben secas
mételle o dente
ponas ao lume
para que estean ben quentes.
Despois dun tempiño
están preparadas
comemos castañas,
castañas asadas.
Castaña, castaña...
2:48 minutes (2.57 MB)
MAGOSTO 2015
Enviado por Carmen o 11 Novembro 2015 - 10:11pm
O luns 9 de novembro subimos ao Monte de San Miguel de Oia para celebrar o tan esperado MAGOSTO. O alumnado de 3º a 6º de primaria chegamos ao monte camiñando e os máis pequenos no autobús. Xa todos xuntos disfrutamos do bo tempo, xogando e comendo castañas asadas por Pepe, o noso mellor asador de castañas. Foi unha saída moi divertida e pasámolo estupendamente. |
Magosto 2014
Enviado por admin o 7 Novembro 2014 - 7:11pm
O venres 7 de novembro celebramos o Magosto comendo castañas asadas, xogando e cantando. O tempo impediunos subir ao monte de San Miguel de Oia e tivemos que celebralo no colexio. Aínda así, pasámolo moi ben e as castañas estaban boísimas, como sempre.
Escoita e aprende a canción do Magosto. Mira o álbum de fotos. |