3º Ciclo

3º TRIMESTRE DE 6º CURSO DE PRIMARIA

 

Aquí tedes unha mostra das actividades levadas a cabo durante o terceiro trimestre Guiño

 

Para a materia de CC. Naturais, @s nen@s elaboraron circuitos eléctricos.

 

 

 

E continuamos coas saídas. Visitamos a casa de Rosalía de Castro en Padrón. Que marabilla! Coñecimos anécdotas da súa vida que nos deixaron abraiad@s.

 

 

Rosco e Malibú viñeron a falarnos sobre a gran labor dos cans de axuda ás diferentes doenzas (cegueiras, adiccións, etc.) e o coidado do medio ambiente. 

 

 Estes rapaces titorizaron as lecturas para os pequenos durante a celebración do Día do Libro. E como tódolos anos...triunfaron.

 

 

 

Aprendemos de xeito moi divertido o uso do euro mediante os mercadiños dos venres coa profe Vicky.

 

 

 

 Para a materia de CC.Sociais elaboramos traballos das Comunidades Autónomas...e trouxemos pratos típicos! Mirade unha mostra:

 

Navarra

 

Castela-León

 

Asturias

 

Sempre temos no Tintu as charlas da Policía con temas de actualidade super interesantes.

 

 

 

Para ir tomando contacto coa seguinte etapa, os rapaces visitaron o IES Carrasqueira de Coruxo. Despóis duns días, o Carrasqueira veu visitarnos a nós e non paramos de facerlle preguntas!!.Risa

 

 

Para o Día das Letras Galegas, adicámoslle unhas palabras á autora homenaxeada este ano, Luisa Villalta, e participamos nun mercadiño de libros.

 

 

 

E moitas cousiñas máis que fixemos, xa que como dixen ao comezo, isto só é un resumo.

 Poderedes atopar o resto das actividades na páxina web do centro.

 

Feliz verán e ata sempre!

Obradoiro de luz negra con Caracatús

A pasada semana tivemos no cole unhas sesión de luz negra, que desenvolveron Sandra e Carla de "Caracatús escola de familias".

Foi unha experiencia xenial, chea de emocións que xurdiron coa chea de propostas que nos tiñan preparadas. REPETIREMOS!!!

  


1º E 2º TRIMESTRE DE 6º CURSO DE PRIMARIA

E comezamos rematando a actividade de compostaxe que lles explicamos o curso pasado aos nenos e nenas de tódolos niveis de Primaria. E así miraron como se leva á práctica!!

 

                

 

Asistimos á inauguración da Biblioteca invitad@s pola Meiga Tintureira! O noso proxecto de centro tratará nada máis e nada menos que do Camiño de Santiago!

 

O noso Samaín coas cabazas que fixemos, os relatos que contamos e as merendas que tomamos, foi absolutamente terrorífico:

 

 

 

 

 

 

 Elaboramos o noso calendario escolar adicado ao mes de maio, concretamente ao Día das Letras Galegas, tendo este ano como protagonista a Luisa Villalta.Guiño

 

 

 

 No Tintu encántannos as celebracións. Para festexar o Magosto, picamos as castañas e despois as comemos en moi boa compañía Sorriso.

 

 

 

 E por suposto, non podía faltar o noso Nadal, no que fixemos adornos que colgamos do patio cuberto, intercambiamos tarxetas de felicitación con nenos e nenas doutros cursos e o celebramos por todo o alto no noso festival.

 

 

 

 Participamos en carreiras solidarias e competicións deportivas:

 

Fixemos proxectos de diferentes materias:

 

Matemáticas: desenvolvemento plano e posterior montaxe de poliedros e corpos redondos.

 

 Traballamos coas regletas de Cuisenaire para comprender ben os múltiplos e divisores:

 

 

 

CC. Naturais: "a función de relación". Diferentes aparatos que interveñen: dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.

CC. Sociais: comezamos os nosos primeiros traballos de presentación en ordenador. Esta vez tocan as CC.AA:

 

 

Lingua Galega e Castelá: contamos os nosos relatos (fábulas, lendas...) e fixemos debates e coloquios.

Plástica: elaboramos unhas cestas super chulas con papel de xornal:

 

Participamos activamente en actuacións e charlas que viñeron ao cole Sorriso

 

 

A Policía Nacional viu explicarnos o que son os delitos de odio nas redes:

 

A asociación Frangil falounos da leucemia e de todo o que está facendo, e nós tamén podemos facer, para colaborar e axudar ás persoas que padecen esta enfermidade.

Trouxéronnos un planetario ao cole e con el aprendemos unha morea de cousas do noso sistema solar. Mágoa que non se puidesen sacar fotos por dentro!!Triste

 

 

Para o Día da Paz elaboramos pegadas con mensaxes que sacaron o mellor de nós. Ademáis, demos un precioso discurso que tedes na páxina web do cole.Risa

 

 Este Entroido fomos peregrinos e peregrinas do máis moderno. Pasámolo en grande!

Tedes na web do cole vídeos e fotos chulísimas. Desfrutádeas! 

 

O día de Rosalía de Castro, a nosa galega máis universal, transcurriu cheo de poesía e música:

 

 Ese recitado tan marabilloso do famoso poema " Miña casiña, meu lar" interpretado por todo o alumnado e o acompañamento musical levado a cabo por uns músicos super especiais, os atoparedes na web do cole. Non volos perdades!!Sorriso

 

 

 

 

 

 

RESUMO DE ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE- 5º CURSO

 

Este terceiro trimestre non foi longo, pero si intenso. Levamos a cabo unha morea de actividades. Velaquí tedes un resumo das mesmas:

 

1. Aniversarios

Tivemos uns poucos. Parabéns!!:

 

 

2. Contacontos

Suuuper divertido, no que descubrimos as grandes dotes teatrais que teñen algúns da claseGuay

 

 

3. Titorización de lecturas

Como xa os nosos nenos e nenas están a piques de ser os maiores do cole, tocoulles a bonita tarefa de titorizar a lectura dun conto aos máis peques. O fixestes fenomenal, rapaces!

 

 

4. Atletismo

 

Grazas a estes nenos e nenas e ao profe Ángel, conseguimos a victoria nas probas de atletismo. Primeiro foi Vigo, e despóis Pontevedra Guiño

 

5. Charlas, obradoiros e concursos

 

Tamén tivemos charlas moi interesantes. A Policía Nacional viunos informar dos perigos do Internet, e do instituto oceanográfico faláronnos da cría do mexilón. Para rematar, fixemos un obradoiro moi guai.Risa

 

Que saibades que participamos nun concurso de cociña, no que nos fixeron preguntas sobre tipos de comidas e alimentación saudable e acertamos prácticamente todas as respostas. Iso si, tivemos uns colaboradores estupendos. Os rapaces e rapazas de segundo de Primaria!!Guiño


 

6. Festivais e celebracións

 

Recopilamos as palabras máis fermosas en galego que se nos puideron ocorrer:

 

 

e deu comezo o noso festival, no que bailamos como tolos ao ritmo da música cuns músicos moi,moi especiais Guiño:

 


Como remate, conseguimos acadar algún premioGuiño

 

 

 e que dicir do noso festival de fin de curso? temos no cole auténtic@s profesionais do hip-hop:

 

 

7. Actividades para o Proxecto Competencial

Baseado como sabedes, na compostaxe, coa finalidade de por en marcha o horto escolar, estes nenos e nenas recopilaron información do tema e a plasmaron en murais que foron explicando polos diferentes niveis do cole.

 8. Cantiga, danza e inventos

Lembrades que do segundo trimestre nos quedaran pendentes por presentar unha cantiga e unha danza da Idade Media? Pois aquí tedes unha das cantigas máis famosas do trovador Mendinho (séc. XII), titulada "Sedíame eu na ermida de San Simón".

Primeiro, os nenos e nenas da clase a cantan, e logo a bailan. Esta bonita danza non sería posible sen a colaboración da nosa estupenda profe de Música, Eva. Grazas, profe!!!Beso

 

 

 

 

 

 

"A Idade Moderna" foi unha época de descubrimentos e inventos. Intentamos poñernos na pel deses grandes inventores e inventoras, e anque as nosas creacións non son desa época, si que polo menos vivimos o proceso de creación destas marabillasGuiño.

 

 Que saibades que faremos unha exposición a principios do curso que ven, explicando o funcionamento de cada un dos inventos realizados.

 

9. Excursión de Fin de Curso

 

 E ao fin chegou o momento da despedida ata o próximo curso. O pasamos fenomenal no Grove, facendo unha morea de actividades, convivindo, e gardando tantas e tantas lembranzas que nos van acompañar sempre.Guiño

 

 

 Ata o próximo curso!!!GuayRisa

RESUMO ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE- 5º CURSO

Aquí tedes un resumo dalgunhas das actividades que fixemos durante o segundo trimestre:

 

No Proxecto Competencial, seguimos traballando para o horto escolar, neste caso o obradoiro de compostaxe:

 

Visitamos a cociña, para ver qué materiais son compostables e non compostables, coa inestimable colaboración da nosa cociñeira Libia!!

 

Viu ao cole o noso antigo conserxe, Pepe, que nos ensinou de qué xeito funciona unha composteira e cómo se fai o compost. Moitas grazas, Pepe!!

Buscamos información e elaboramos carteis para que todo o centro colabore no noso proxecto de compostaxe:

 

En Ciencias Sociais fixemos un traballiño moi interesante sobre os mosaicos romanos:

 

En Matemáticas traballamos as fraccións:

- Con círculos:

 

 

- Con tabletas de chocolate:mmmmm, qué bo!!!Canso

 

 

- Mediante o dominó de fraccións:

 

 

Na asignatura de Lingua Galega, estamos preparando unha entrevista:

 

 

Tivemos tamén saídas e charlas:

 

- Frutas Nieves:

 

 

 

- Baile de hip-hop:

 

 

-  Saída ao concerto da E-TRAD (Escola Tradicional de Música) de Vigo:

 

 

 

En canto a celebracións:

 

-San Valentín...

 

 

-O noso marabilloso mural- informativo do Entroido, para ter algúns coñecementos máis desta festa tan típica da nosa terra:

-Menudos disfraces tan chulis!! Nin máis nin menos que personaxes de libros!!

 

 

- Día da Muller:

 

 

 

- A actividade na que tod@s podemos ser poetas e poetisas: "Píntame unha poesía"

 

 

- O concurso de títeres, cos seus flamantes gañadores:

 

 

- E ata fixemos un roscón de PascuaCanso:

 

 

 

-Tamén celebramos bastantes aniversarios (poño só unha mostra; un par deles)

 

 

 

 E ata aquí o noso segundo trimestre. Agardamos que vos goste, e non vos perdades o terceiro!!GuiñoGuiño

 

RESUMO ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE- 5º CURSO

Aquí tedes un resumo dalgunhas das actividades que fixemos durante o primeiro trimestre:

 

Traballamos no horto:

dentro do Proxecto Competencial. Este alumnado sabe moi ben o que é o traballo duroGuiño. Quitaron as malas herbas e prepararon o terreo para cultivar. Todos uns fenómenos.

 

 

 

Proxecto da Prehistoria:

descubrimos cómo vivían os homes e mulleres desta época e as nosas creacións, baseáronse no Paleolítico. Vestidos, armas, pinturas rupestres, unha cova, danzas, así coma a invención do arco, da frecha e o descubrimento do lume.

 

 

 

 

Recitamos poemas en Lingua Galega:

non é doado o arte do recitado. De todos xeitos, estes artistas que temos, o fixeron moi, moi ben.Guiño

 

    

 

 

Saídas:

- Visita ao museo Liste (Samaín)

 

- Carreira nas pistas de atletismo:

 

 

Aniversarios:

tivemos a sorte de desfrutar dalgúnsSorriso

 

 Celebracións:

aínda tivemos unhas poucas...

Para o Samaín, viñeron os nenos e nenas de 6º a lernos un arrepiante conto.A que dixen

 

 

Desfrutamos do Magosto coma nunca

 

 

 

E, por suposto, do Nadal

coas nosas postais e coa súa entrega...

 

 

 

coa elaboración de adornos

 

 

coa composición do almanaque...un aniño máis!!

 

 

coa merenda e o paxe real

 

E, claro está, co fantástico festival

 

Ata o próximo trimestre!!Risa

O ALUMNADO DE 5º PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DO CONCELLO "UNHA XANELA ABERTA Á RÍA DE VIGO"

Esta maravillosa experiencia contou con dous aliados de altura: por un lado, o barco oceanográfico Nautilus, e, polo outro, o robot subacuático “Nemo”. 

O Nautilus, unha aula flotante equipada con equipos de alta tecnoloxía para a investigación do medio mariño, foi o mellor lugar para descubrir a riqueza que esconde a ría de Vigo e o impacto que ten a produtividade das súas augas na economía local. Un percorrido de aproximadamente 90 minutos no que o alumnado puido descubrir detalles sobre a riqueza da auga, a dinámica do plancto e o cultivo do mexillón,ou a fauna que habita no fondo do ecosistema.

Tamén puideron visualizar un mundo oculto ao ollo humano, o mundo da vida microscópica mariña, que habita nas augas máis produtivas do mundo.Neste senso e grazas a súa cámara en calidade 4 k, o robot subacuático “Nemo” transformouse no mellor compañeiro para coñecer en directo algunha dás especies máis escurridizas que se esconden baixo as nosas augas. Os alumnos tiveron a oportunidade de ver no seu medio natural, este ecosistema cheo de vida que sen dúbida lles sorprendeu e lles gustou moitísimo. 

 

 

Distribuir contido