Blogue da Meiga Tintureira

actividades, contidos e propostas da Biblioteca

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "NON SOMOS LIXO" E COMO NÓS, TAMÉN RECICLAMOS.

 Botella, que soñaba con ser outra cousa, pasaba as horas agardando que algo emocionante lle pasara...

E isto foi o que lles pasou aos vasiños dos nosos iogures ecolóxicos de XANCEDA. Non hai nada máis emocionante que ter unha segunda vida mellor, como envase da nosa versión de tarta da voa, e acabar na festa de aniversarios do CEIP A PAZ!!!

Menuda a que montamos! E ademais dos aniversarios de unha chea de nenos que cumpriron en xaneiro, esta vez, tamén se animaron a celebralo con nós, As Profes Patri, Eva e Elena Pena, o coidador Alex e Vera. Parabéns a todos!!!.

Unha moi boa recomendación lectora, para seguir coidando do noso planeta e avanzando co proxecto "Érase unha vez... a historia de ler"

SLOW FOOD COMPOSTELA.

 

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: DO CONTO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS AO RIQUÍSIMO SUPERBOCATA DE CHOUPAS NO COMEDOR.

  "Érase unha vez a aventura de ler" así se chama o proxecto educativo deste curso escolar 2022/2023.

Grazas ás ideas da nosa cociñeira Libia, hoxe ó noso bocadillo de choupa de pan trigo autóctono galego e rúcula ecolóxica, pasóulle coma a Alicia, MEDRO E MEDROU!!!

Non nos visitou o Sombrereiro Tolo para convidarnos até, pero igual que no libro de "Alicia no país das marabillas", no comedor do CEIP A Paz Tintureira calquera día nos vale para celebrar os "non cumpreanos".

E hoxe ás únicas que se lles cortou a cabez, foi ás estupendas choupas que nos trouxo Pescados Loureda, e como sempre ao "xuizo", fomos nós como acusados, pero a condea foi mínima.

Os nosos proveedores: Pescados Loureda, A Leira de Lola e Aboamigalla.

Slow food Compostela.

 

 

Inauguración da Biblioteca

 A semana pasada recibimos a esperadísima carta da Meiga Tintureira. Nela convidábanos á inauguración oficial da Biblioteca para este curso 2022/2023. Alí vimos un vídeo onde nos presentaba o proxecto no que imos participar todo o colexio, este ano "Érase unha vez... a historia de ler". Como cada ano, o profe Luís que é moi amigo da Meiga Tintureira, axudou a facer este precioso vídeo. MOTAS GRAZAS PROFE!

 E tamén visitamos un novo recanto da Biblioteca con recursos e contos sobre o proxecto, que vai ir enchéndose ao longo do curso.

CANTO IMOS APRENDER!

OBRADOIRO OFERTADO POLA FUNDACIÓN MAFRE PARA O ALUMNADO DE INFANTIL 1º E 2º DE PRIMARIA "VIVIR EN SALUD"

Este obradoiro “VIVIR EN SALUD” foi ofertado e organizado pola FUNDACIÓN MAFRE, coa colaboración da Academia Española de Nutrición e Dietética, o Cosello Xeral da Educación Física e Deportiva (Consello COLEF) e a facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Nel o alumnado, a través de diferentes pèrsonaxes e propostas,  traballou sobre a importancia do bienestar emocional, a alimentación saudable e a actividade física, nas nosas vidas.

 

 

CARTA DA MEIGA TINTUREIRA, PARA PEDIR OS LIBROS DO PROXECTO LECTOR.

Familias, aquí vos deixamos a carta da Meiga Tintureira, cos libros que os nenos e nenas precisan para o desenvolvemento do Plan Lector, deste curso. Nalgúns curso, agora pídese un e o longo do curso, pedirase o outro. 

Para ler mellor a carta, clicade no PDF: 

 

CARTA DA MEIGA TINTUREIRA NADAL 2021.pdf

 

Un libro é o mellor agasallo

Inauguración da Biblioteca

Inauguramos a biblioteca do centro viaxando a “Fai 50 anos…”

No blogue da Meiga Tintureira atoparedes máis información sobre esta inauguración e sobre outras moitas actividades.

Grazas profe Luís, pola túa grande colaboración!

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2020

 Hoxe día 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro.

  Nós ímolo celebrar dunha maneira moi especial, a través da bonita actividade literaria organizada polo Equipo de Biblioteca do centro feita grazas á colaboración de tod@s vós.

Podedes ver o resultado no BLOGUE DA MEIGA TINTUREIRA

FELIZ DÍA DO LIBRO!

GRAZAS FAMILIAS!

 

  Hoxe recibimos un agasallo moi especial, unha Primavera de Flores feita polas familias do noso colexio que veñen alegrar esta primavera tan gris que estamos vivindo.

 Grazas familias, por compartilo con nós, polas vosas palabras e pola forza e o ánimo que nos transmitides.

XUNT@S IMOS CONSEGUILO!

O PROFESORADO DO CEIP A PAZ-TINTUREIRA

Distribuir contido