1º Ciclo
Obradoiro de luz negra con Caracatús
Enviado por Manuela o 15 Maio 2024 - 9:06pm
A pasada semana tivemos no cole unhas sesión de luz negra, que desenvolveron Sandra e Carla de "Caracatús escola de familias". Foi unha experiencia xenial, chea de emocións que xurdiron coa chea de propostas que nos tiñan preparadas. REPETIREMOS!!!
|
O ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P. VISITOU O CENTRO ECUESTRE DE SAN COSME. A NOSA ANPA AXUDOU NO PAGO DO AUTOBÚS.
Enviado por ElenaValle o 15 Xuño 2022 - 11:00pmOBRADOIRO OFERTADO POLA FUNDACIÓN MAFRE PARA O ALUMNADO DE INFANTIL 1º E 2º DE PRIMARIA "VIVIR EN SALUD"
Enviado por ElenaValle o 13 Xuño 2022 - 4:59pm
Este obradoiro “VIVIR EN SALUD” foi ofertado e organizado pola FUNDACIÓN MAFRE, coa colaboración da Academia Española de Nutrición e Dietética, o Cosello Xeral da Educación Física e Deportiva (Consello COLEF) e a facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Nel o alumnado, a través de diferentes pèrsonaxes e propostas, traballou sobre a importancia do bienestar emocional, a alimentación saudable e a actividade física, nas nosas vidas.
|
O ALUMNADO DE 1º e 2º DE E.P. VISITARON O MOSTEIRO DE OIA. OS SOCIOS DA ANPA TIVERON UNHA AXUDA PARA PAGAR O AUTOBÚS.
Enviado por ElenaValle o 20 Maio 2022 - 4:29pm
A ANPA PATROCINOU TRES SESIÓNS DO ESPECTÁCULO "CONTOS NA LAREIRA" DE IVÁN DAVILA, PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
Enviado por ElenaValle o 22 Abril 2022 - 5:27pm
Espectáculo proposto e patrocinado pola ANPA , con historias tradicionais do medio rural que teñen como, protagonistas a meigas, mouras, a santa compaña, etc. Ensinando a coidar e respectar a natureza, a implicarnos na reciclaxe, a empregar unha boa comunicación para a resolución de conflictos, e a valorar e fomentar a nosa lingua.
|
TIVEMOS 9 OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON RECICLADOS PARA TODO O ALUMNADO, PAGADOS POLA ANPA.
Enviado por ElenaValle o 17 Marzo 2022 - 6:59pm
O longo da semana, José da empresa MATRACALA- Actividades lúdicas e educativa- desenvolveu no noso centro, un singular obradoiro creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis apaixonantes, a percusión. En total foron 9 obradoiros para os diferentes cursos, con diferentes actividades e graos de dificultade. Neles promoveu por unha banda, a reciclaxe de obxectos para darlles un novo uso, moi lúdico e divertido a libre expresión do alumnado a través de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados, dándolles un novo uso musical e divertido, e a resonancia do propio corpo. A actividade proposta polo centro, resultou gratuíta porque foi pagada pola nosa ANPA. Moitas grazas de novo pola vosa colaboración, axudándonos a complementar o noso proxecto educativo con outras persoas, recursos e actividades que o enriquecen.
|
1º E 2º DE PRIMARIA VISTARON A SALA ARTIKA PARA VER "UMMM!! UNHA COMEDIA MUSICAL PARA CHUPAR OS DEDOS"
Enviado por ElenaValle o 24 Febreiro 2022 - 7:20pm
|
TIVEMOS UNS OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por ElenaValle o 12 Febreiro 2022 - 4:27pm
Desenvolvéronse nas aulas de 6º de Educación Infantil (5 anos), 2º, 4º e 6º de Educación Primaria. Estes obradoiros ofertados pola Concellería de Igualdade do noso concello, complementan a nosa labor como docentes, porque perseguen que o alumnado, en función das súas idades, vexa os estereotipos de xénero existentes nas tarefas familiares, xogos, relación, no uso da linguaxe, nos medios de comunicación. Quere axudar a formar en valores e actitudes de igualdade que ensinen a compartir dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidade. Tamén, axudan a previr a violencia sexual, reflexionando sobre as formas, mensaxes e actitudes aprendidos de forma cotiá que implican relacións de desigualdade, e que fomentan actitudes violentas. E amosan e fomentan outros modelos de relación máis igualitarios en todos os ámbitos e medios de comunicación. |