Novidades
PROXECTO "COA COMIDA, SI XOGAMOS": O QUE COMEN OS MONSTROS
Enviado por ElenaValle o 30 Outubro 2024 - 6:49pm
O longo deste ano, desenvolveremos este proxecto aproveitando a axuda do nos equipo de cociña e as instalacións do comedor. Hai uns días os nenos e nenas de 3 anos xogaron no comedor con algunhas froitas e vexetais para descubrir como son, sentir a súa pel, o seu peso, escoitar o que din algunhas,... Pero no comedor tiñamos uns comensais con moita fame, un monstros aos que tiveron que darlles de comer, pero o que querían. ¡Mirade que ben o pasaron! |
SOLICITUDE DE COMEDOR
Enviado por ElenaPena o 25 Xuño 2024 - 6:29pm
As familias do alumnado que queiran facer uso do comedor, deberán solicitalo entregando no centro o impreso que podedes descargar nesta LIGAZÓN
O prazo de entrega será:
- Ata 11 de xullo, en horario de 10:00h. a 13:30h - Tamén se poderán entregar do 2 ao 6 de setembro.
- Poderase entregar unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante, cónxuxe e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP A PAZ-TINTUREIRA. - Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), declarados na renda neta do IRPF do 2023 (RENDA FEITA NESTE 2024) Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda. - Nos casos de alerxias alimentarias novas presentar xustificante médico.
Grazas |
Obradoiro de xeado
Enviado por Eva o 4 Xuño 2024 - 11:00am
XEARTE BRIGITTE O mes pasado tivemos a gran sorte de ter un obradoiro de xeados artesanais da man de Brigitte. Esta emprendedora tiña un sono, do cal xurdiu a xeadería xearte Brigitte. O que un día comezou como unha pequena parcela de traballo, a día de hoxe converteuse na súa paixón polo xeado e por descubrir todo un mundo de sensacións de sabores. Son xeados artesanais elaborados na súa propia tenda e coidando todos os detalles, desde unha selección máxima de cada uns das materias primas ata o proceso de elaboración.
|
REPORTAXE TVG
Enviado por Eva o 4 Xuño 2024 - 11:00am
Xa está publicada a reportaxe que fixo a TVG no nosos cole fai unhas semanas. Copartimos a ligazón para que poidades disfrutalo e de paso, aprender moitas cousas sobre o peixe de tempada. O noso cole sae a partires do minuto 40. |
AS RECEITAS LITERARIAS DA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "O CAPITAN LENTELLA"
Enviado por ElenaValle o 6 Decembro 2023 - 2:26pmCOLABORANDO NA EDUCACIÓN: PROXETO SEMENTES COS NENOS E NENAS DE INFANTIL
Enviado por ElenaValle o 6 Decembro 2023 - 2:24pm
O noso equipo de cociña axudóunos a desenvolver o proxecto de sementes. E de ben nadcidos e ser agradecidos. Por iso, convidámolos a visitar o noso banco de sementes e a coñecer ao noso espantallo Arbokiqué. GRACIÑAS.
|
RECOLLEMOS UNHAS FERMOSAS CABAZAS DA NOSA HORTA: COMENDO E APRENDENDO NA COCIÑA
Enviado por ElenaValle o 6 Decembro 2023 - 2:19pmDÍA MUNDIAL DO PAN, 16 de outubro
Enviado por Manuela o 21 Novembro 2023 - 9:34pm
Así celebramos no colexio o "Día Mundial do Pan" |
PECHAMOS O CURSO CUN NOVO REGALO NO COMEDOR "O NOSO FOOD TRUCK"
Enviado por ElenaValle o 8 Xullo 2023 - 11:02am
Libia e familia, Sabina, e Arantxa e familia estiveron estes días dando forma no comedor, a unha nova idea para facelo máis divertido para os nosos nenos e nenas. Non paran... E despois de moito traballo¡Mirade que ben lles quedou!
Xa temos ganas de comezar o colexio e facer cola para degustar a rica comida do noso comedor. ¡Moitísimas grazas! E feliz verán.¡Sodes Xeniais!
|
A NOSA COCIÑEIRA LIBI EN "A PORTA ABERTA" DA TVG, PORQUE COMO COMEDOR ESCOLAR COMPARTIMOS O OBXECTIVO DA ORGANIZACIÓN SLOW FOOD COMPOSTELA.
Enviado por ElenaValle o 8 Xullo 2023 - 10:54am
Hai múltiples aspectos que fan da alimentación humana un factor determinante para acadar unha sociedade mellor. A organización Slow Food Compostela traballa neste ámbito, co obxectivo de cambiar a mentalidade dos galegos para que aprendan a alimentarse de xeito saudable e sen deteriorar a natureza. Esta foi a máxima do programa "A porta aberta" da TVG o pasado 07/xuño de 2023, no que participuo a nosa cociñeira Libia, representando o ben facer da organización a través dos comedores escolares que pertencen a ela. Unha vez máis, queremos deixar constancia do orgullosos que estamos no centro, do noso equipo de cociña. Neste programa queda reflectido o seu compromiso e traballo para dar unha alimentación saudable, sostible, de cercanía, rica e divertida para os nosos nenos e nenas. Pero tamén, o seu compromiso cos agricultores, gandeiros, granxas e pequenos comerciantes de proximidade poñendo en valor o seu traballo e os seus producto, axudando a recuperar alimentos autóctonos e dando a coñecelos ao noso alumnado e a través deles, ás familias. Perseguindo o obxectivo da organización Slow Food Compostela: "cambiar a mentalidade dos galegos para que aprendan a alimentarse de xeito saudable e sen deteriorar a natureza". Grazas Libia. Aquí tedes o enlace o programa e tamén algunhas fotos de momentos do mesmo: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/slow-food-compostela-6152735?t=278?t=280
|