Panxoliña Beatle
Versión con voz (Profe Marta)
Rematou o cole imos deixar xa
uns pouquiños diíñas de estudar.
Para coa familia poder celebrar
todos xuntiños que chegou outro Nadal.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou un ano máis.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou outro Nadal.
Teño preparada a árbore xa,
tamén o turrón e o mazapán.
Pelarei as uvas e terei coidado,
que non quero eu volver atragoar
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou un ano máis.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou outro Nadal.
Eu non sei como é que o apalpador
tardou, tardou, tardou o apalpador.
Fai el soíño o que os Reis fan sendo eles tres.
Penso que este ano porteime moi ben
pero aínda podo ser mellor.
A ver se o que vén aprendo a relaxarme
cando non consiga un dez ou falle un gol.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou un ano máis.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou outro Nadal.
Eu non sei como é que o apalpador
tardou, tardou, tardou o apalpador.
Fai el soíño o que os Reis fan sendo eles tres.
Rematou o cole imos deixar xa
uns pouquiños diíñas de estudar.
Para coa familia poder celebrar
todos xuntiños que chegou outro Nadal.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou un ano máis.
O-bla-di, o-bla-da que ledicia!
Xa chegou outro Nadal.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PanxoliñaNadal.mp3 | 4.29 MB |