AS MACETIÑAS RÁS ------------- 1º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Achégase fin de curso e aínda nos quedan algunhas cousiñas por ensinarvos!

Os nenos e as nenas de 1º curso fixeron estas macetiñas de barro do máis simpáticas.

Foi un pouco loucura porque son 23 nen@s modelando macetiñas con só 50 minutos de clase, pero conseguímolo!

 

Velaquí o proceso:

 

1- Modelamos a pasta de modelar branca coas mans e axudándonos cun pouquiño de auga.

 

 

2- Deixámola secar durante unha semana ao aire.

 

 

3- Pintamos con témperas.

 

 

4º- Decoramos con puntiños empregando un bastonciño de algodón.

 

 

5º Deixamos secar.

 

 

6º- Barnizamos con spray.

 

 

7º- Plantamos unhas semilliñas e listo!!!

 

 

Marcharon contentísimos para a casa!

 

Quedaron simpatiquísimos!!!!

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!