"O FINAL DO CAMIÑO"
"O FINAL DO CAMIÑO"
Estamos a piques de rematar o curso e tamén, o paso das nenas e nenos de 6º polo colexio.
Todos sabemos que a despedida non vai ser fácil e que algunha mágoa sairá dos nosos ollos, aínda que tentemos evitala.
Pero imos tratar de quedarnos coas cosas boas e cos entrañables recordos, que sempre deixarán unha huella imborrable na nosa vida.
A continuación, presentámovos algunhas das composiciósn realizadas polo alumnado de sexto, para deixar constanza dos seus sentimentos nesta última etapa da súa vida no centro:
“O FINAL DO CAMIÑO”
Xa chega o final do curso, o final do noso camiño no colexio. En todos estes anos, coñecimos moitos profesores que deixaron algo deles en nós.
Dende infantil adquirimos novos coñecementos, aprendimos a convivir cos nosos compañeiros, a ser independentes, a respectar e sentirnos respectados. Algúns dos mestres que influíron en nós:
Infantil : Marga 1º : Carmen / 2º : Marina / 3º : Malores / 4º : Mónica / 5º : Judit / 6º : Nieves
O colexio é como unha gran familia na que todo o mundo coñéceche e axúdache, por iso, agora sentimos mágoa e emoción (ás veces máis mágoa que emoción),pordeixar esta familia para descubrir un pouco máis de mundo.
O comezo da etapa de secundaria, prodúcenos medo e impresión… Ao pensar neste cambio, sentimos bolboretas no estómago… Pero sabemos que, ao final, acabará sendo unha nova familia.
Por último, gustaríame agradecer a todos os mestres e mestras que nos ensinaseis a superar os nosos medos e limitacións. Especiais agradecementos a : Manuela ( profe de inglés ), Ángel ( profe de educación física ), Tali ( a directora ), Nuria ( profe de música e plástica ), Araceli ( profe de PROA ), Isabel ( profe Isa ), e todos os mestres que estiveron con nós dende infantil Enma Quintas -6º B-
-O FINAL DO CAMIÑO-
O meu paso polo cole foi moi divertido e ensinoume moitas cousas. A máis importante, “RESPECTAR”,tanto aos profes como aos compañeir@s.Os meus profes durante este traxecto foron :
En Infantil : Marga /
En primeiro e segundo : Carmen / En terceiro : Rafael / En cuarto : Malores / En quinto : Judith / En sexto : Nieves
Con Marga aprendín as cores, os números, as letras…. Carmen ensinoume a sumar, restar, multiplicar, dividir….
En terceiro, con Rafael, reforcei o que xa aprendera.
En cuarto, con Malores, practiquei o que xa sabía e divertínmemoito coa súa típica frase: ”Vai freír churros / espárragos”…
En quinto, con Judith, aprendín valores moi importantes para o meu camino fora do cole.
E, por último, con Nieves, reforcei todo o que sabía dos anos anteriores, que axudáronme a levar un bo camiño cara a instituto.
O que me levo deste paso polo colexio, son as boas amizades, as boas actitudes e bos momentos.
Grazas atodos os profes que déronme clase : Manuela (a profe de inglés), Ángel (o profe de ximnasia), Ana e Cristina (as profes de relixión), Nuria (a profe de música e plástica), Tali (a directora), Nieves (a miña profe neste último ano), ás profes que déronme clase durante todo o meu paso polo cole e, por suposto, aos meus compañeir@s que foron os mellores nestes anos que estiven xunto a eles.
QUÉROVOS E ESPERO NON PERDERVOS NEN OLVIDARVOS NUNCA !! -JANA- 6º B-
“OS ÚLTIMOS PASOS DO NOSO CAMIÑO”
Cheguei a este colexio con tres anos. A miña profesora chamábase Margarita, pero nós chamábamoslle Marga. Era moi boa e facíamos cousas superdivertidas.
Marga nos deu clase en 3, 4 e 5 anos. Básicamente en Infantil. Despois, chegou Primaria. En 1ª de primaria, nos deu clase Carmen.
En 2ª de primaria chegou o malo…. Nos separaron e puséronnose 2º A e en 2ª B. A partires de aquí, eu sempre estiven en B, ata 6º de primaria.
En 3º de primaria, tivemos como profesora a Mónica, unha profesora xenial. A mín, gustáronme todas as profesoras, pero Mónica foi a miña favorita.
En 4º de primarianos deu clase Malores. Dela sempre lembrarei a frase de “ vai fritir churros”.
Logo chegou 5º de primaria. Neste curso, nos deu clase Judith. Ésta non estaba anteriormente no colexio, pero tamén foi unha profesora boísima.
En 5º fumos de excursión a Allariz tres días. Pasámolo xenial. Vimos moitísima cultura eaprendimos moitas cousas novas. Tamén sabíamos que, un ano despois, iríamonos do colexio.
E chega o último curso, 6º de primaria. Imos ir a Manzaneda. Dixéronnos que habería discoteca, piscina e moitas cousa máis.
Nós, agora, temos de profe a Nieves, unha profesora que me axuda moitísimo. É moi boa, amable e, sobre todo, cariñosa.
E por último, chegan os últimos pasos do noso camiño, o último ano neste colexio, cos bos e cos malos momentos, co colexio, cos amigos e sobre todo... coa boa xente do ...
TINTUREIRA !!! Lucía Sangil -6ºB- BOS MOMENTOS , INOLVIDABLES RECORDOS
Cheguei a este colexio con catro anos e o curso xa comezara. Estaba moi nerveusa e asustada. Entrabamos, eu mas os meus país pola porta…… Eles cun sorriso e eu, cunha cara de medo…!! Había moitos nenos sentados no chan mais aprofesora e un neno saudoume. Senteime con eles e, pouco a pouco, acostumeime. Xa ía en cinco anos, o curso pasaba rápido e o pasábamos xenial.
Entramos en primaria e os cursos ían pasando. En segundo, nos dividiron en dúas clases, 2º A e 2º B. Eu, a partires deste momento, sempre fun no grupo B e sempre parecíame a mellor clase.
En terceiro tivemos a mellor profe do mundo, Mónica. Ese curso si que pasou voando...
En cuarto, bueno, o pasábamos ben, pero...
En quinto foi xenial, moitas risas e novas compañeiras, Ana e Marina, unhas nenas xeniais. O único que me preocupaba era que o curso pasara rápido. Na excursión de fin de curso de quinto, fomos a Allariz. Foi todo fantástico, sen dúbida algunha.
Agora, en 6ºB . WOW,!!!! Qué rápido pasa o tempo!!! As miñas compañeiras seguen sendo as mellores. Temos unha profe fantástica e o curso avanza rápido.
Ao principio tiña medo de que rematara o curso, de ir ao instituto soa... Pero todo chega tarde ou temprano. Xa teño o meu instituto asignado, boas notas... Pero despois... QUÉ!? Realmente vou perder os meus amigos ? Adaptareime ao instituto? Vaime ir ben? Pensar en que isto remata, me entristece... Pero o lograréi!!! Esforzareime nos estudos!!! Non perderei os meus amigos, seguerei en contacto con eles!!! Visitaréi o cole!!! De verdade que ,6º, foi o mellor da miña vida...
Ángela -6ºB