AS NOVAS DE 6º

AS NOVAS DE 6º

Chegamos ao final do noso xornal.

Neste pasado mes de maio, quixemos rendir o noso pequeno homeaxe ao protagonista deste ano no "Día das Letras galegas, 2019", Antón Fraguas.

Por iso seleccionamos unha nova relacionada co seu traballo, co todo o respecto que merece.

 

NOME DO XORAL  : “PONTEVEDRA VIVA! COM                          DATA:  23 / 05 / 2019

 TÍTULO  DA  NOTICIA :  Letras Galegas,  2019  :  Antonio Fraguas, o   home que contribuíu a dignificar o galego

https://pontevedraviva.com/uploads/fotos/foto/a0a/5cddec0c92-antonio-fraguas.jpg

Qué dí:

Estas palabras escritas por Antonio Fraguas son unha clara mostra de por qué a Real Academia Galega decidíu dedicar este ano, o Día das Letras Galegas a este escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, natural de Cotobade.  Foi un home cunha profunda inquietude cultural que contribuíu de maneira decisiva  a dignificar o idioma galego. 

O mesmo autor afirma literalmente :    "Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio" 

O 17 de maio deste mes de Maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas tivo lugar un pleno extraordinario da Real Academia Galega na carballeira de Famelga, na parroquia de Augasantas.

Desta forma, o acto realizouse ao pé da escola, un espazo fundamental na traxectoria de Antonio Fraguas, a figura homenaxeada este ano.

PORQUÉ A ESCOLLIMOS: Escollímoa co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, 2019 o 17 de maio, que este ano foi en honor a Antón Fraguas

 

WEB consultada:   https://pontevedraviva.com/cultura/54757/letras-galegas-2019-etnografo-antonio-fraguas-cotobade/