ROBOTS RECICLADOS de 1º curso
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Hoxe, os nenos e as nenas de 1º curso, amosámosvos estes divertidos robots feitos cun cartón de leite, papel de aluminio reciclado dos bocatas do recreo que fomos recolleitando e diversos adornos como vasiños de iogur. Con esta actividade, intentamos amosarlle @s alumn@s que cos materiais que tiramos tódolos días á basura podemos facer fermosas obras de arte, e concienciámolos na importancia da RECICLAXE.
Velaquí o proceso: Primeiro, debuxamos os ollos, a boca... e diversos elementos que eles quixeran integrar no robot.
O cartón de leite xa estaba forrado co papel de aluminio, pois como era reciclado gran parte del estaba roto e resultáballes moi complicado forralo ben. Unha vez pintadas tódalas peciñas, pegámolas con pegamento de barra; os vasiños de iogur e os limpapipas con silicona quente. Ademáis, a mestra fixo pegantinas feitas con Ironfix para completar a obra de arte.
E a mestra tamén fixo o seu robot!!!
Agardamos que vos encanten!!!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!!
|