Teatro e música en vivo.

Os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fomos a unha actuación de Mamá Cabra. Co título "Eu cociño, ti cociñas?" contáronnos e cantáronnos moitas cousas divertidas con ritmos pegadizos onde a cociña e as receitas son as protagonistas. Crema de cabaza, tomates recheos, ensalada de pasta, polbo á feira, filloas, pan,... A quen non lle apetecería un menú musical da maneira?